Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pasou o mundial

lunes, 12 de julio de 2010
Hoxe, volvemos á normalidade. Despois do frenesí, chega o momento da calma, de mirar para adiante e retomar o pulso normal dun país que precisa empuxes máis firmes que a devoción futboleira que nos invadiu nos últimos tempos.

Toda España fixo causa común coa selección nacional, vulgar e modernamente chamada “a roxa” esquecéndose que as cores son dúas, simplificando así o simbolismo bicolor co que foi planteado ese conxunto que resume o que se supón o mellor do futbol nacional.

Durante o período previo ó comezo da competición fóronse caldeando os ánimos, partindo con espírito de campións aínda que o primeiro resultado fora tremendamente frustrante. Pero sucesivos encontros foron marcando etapas, chegándose por primeira vez na historia á final e á consecución do título fronte a Holanda.

Onte foi o gran día, e hoxe o día despois. Onte desatáraronse todas as enerxías contidas durante tanto tempo, e toda España estoupou nun delirio futboleiro que serviu de cauce de expresión a todo o que levamos gardado no interior, quizais porque non temos máis oportunidades -ou moitas oportunidades- de facelo.

Pero hoxe volvemos á dura realidade de cada día onde o futbol é un accidente ou un incidente. Fermoso, é verdade, para todos os afeccioandos, que polo que se ve son lexión. Pero insuficiente diante de todas as demais carencias.

Non se trata de botar xarros de auga fría sobre os entusiasmo nin de minusvalorar a fazaña deportiva conseguida. Trátase de subliñar todos os problemas que temos planteados, que non teñen relación co que provoca o entusiasmo total, e sobre todo trátase de que poñamos na resolución deses problemas unha mínima parte do entusiasmo que derrochamos nesta competición deportiva.

Pasou o mundial, que marcou un fito no deporte español. Agora veremos se esa unión diante do deporte rei se mantén no resto dos asuntos, e se os entusiasmos son contaxiosos para máis temas ca os deportivos. Hoxe mesmo poderemos comprobalo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES