Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

10 anos de Galicia Digital

sábado, 10 de julio de 2010
www.galiciadigital.com é unha plataforma en Internet formada por dúas ducias de portais informativos e técnicos, que ven de cumprir dez anos na Rede.

Estes dez anos en Internet son a culminación dun cuarto de século de actividade, xa que comezamos en 1986, coa Productora de Video e Editorial Ophiusa, na que editamos un cento de publicacións en video e case medio cento de libros, con atención especial ó idioma galego.

As nosas producións obtiveron xeral recoñecemento e dúas delas – “Compostela, capital de Occidente” e “La Coruña: luz, piedra, mar, cristal...”- conseguiron as primeiras declaracións de “Video de Interés Turístico” que concedeu en España o entón Ministerio de Comercio y Turismo.

Como unha variante desta iniciativa creamos anos despois a editorial “Citania de Publicacións”, que publicou numerosos videos, libros e video-libros.

Como editores de video-libros chegamos a ser a cuarta empresa de España, despois de tres institucións oficiais; a primeira entidade privada española na produción de video-libros.

O mesmo equipo, mantendo vivas estas dúas iniciativas, creou a primeira televisión local de Lugo –TELEVISIÓN LUGO-, que sostivemos entre 1994 e 1998, período no que ofrecemos á nosa audiencia 30.000 horas de televisión local, a maior parte de produción propia.

Como culminación de todo o noso esforzo creador, toda a experiencia, fondo literario e documental e toda a nosa actividade centrouse en www.galiciadigital.com, que desde abril de 2000 está na Rede, tendo na actualidade un promedio diario de visitas de perto de de 30.000, estimando que ó final deste año pecharemos 2010 con 9.000.000 visitas e 50.000.000 de páxinas vistas.

Se neste momento Galicia Digital é un escaparate de Galicia aberto ó mundo, e un espello no que mirarnos os da Galicia interior, é precisamente pola experiencia dun cuarto de século dos nosos documentalistas, periodistas e escritores, que abordan cada cuestión coa seguridade do experto. Temos, ademáis, expertos fotógrafos e cámaras que obteñen as imaxes para as nosas producións e páxinas, cun fondo documental que abarca o último cuarto de século da nosa historia.

En Internet
GALICIA DIXITAL é un Portal de Portais, dedicado a Galicia nos seus máis diversos aspectos; que está creando un banco de información de permanente utilidad para os interesados no noso País e, de forma especial, para os galegos de todo o mundo.

Baixo a denominación común de www.galiciadigital.com, está un total de 27 portais, algúns deles técnicos, que levan nomes de Asociaciones, Automoción, Ayuntamientos, Camino de Santiago, Comunicación, Construcción, Cultura, Curso de Gallego, Deportes, Educación, Empleo, Empresas, Ferias, Futurología, Gallegos, Instituciones, Juventud, Letras Galegas, Moda, Turismo ou Websgalicia.

Se ben todos forman parte esencial da Plataforma e son creación nosa, hai varios que levan unha maior impronta persoal ou creativa, e que polos seus contidos, investigación e desenvolvemento, e mesmo o impacto entre os internautas, merecen destacarse:

Camino de Santiago
Guías en Internet dos Camiños a Compostela: CAMIÑO FRANCÉS A COMPOSTELA, desde Roncesvalles a Santiago, CAMIÑO DO NORTE, CAMIÑO PRIMITIVO e CAMIÑO INGLÉS

Cultura
Neste portal confeccionamos gratuitamente galerías de artista -páxinas individualizadas con galería de imaxes- para os creadores galegos. Nestes momentos temos 475 galerías de pintores, escultores, fotógrafos, artesáns, gravadores, arquitectos e ilustradores.

Empleo
Funcionamos como una “Oficina de emprego” de carácter gratuito, sostendo esta iniciativa coas nosas propias forzas. Nestes momentos temos neste portal datos de l.087 empresas que ofertan emprego e 10.351 currículums de solicitantes de postos de traballo.

Empresas
Ofrecemos ó público a maior base de datos de empresas galegas na Rede con datos, e posibilidade de conexión dun total de 11.729 empresas, co conseguinte beneficio tanto para as propias empresas que se benefician desta publicidade como para a persoa que necesite contactar con un determinado productor ou vendedor.

Gallegos
Portal dedicado a personalidades de hoxe e de sempre dos que, en galego, castelán e inglés, ofrecemos datos, fotografía, currículum e relación das obras máis importantes. Moitos deles forman parte do grupo de colaboradores de OPINIÓN, que contribúen a engrosar e prestixiar o nosso fondo documental.

Letras Galegas
Ofrece reseñas biográficas, fotografías, anacos de obras e demais datos dos persoeiros ós que no decurso dos anos se dedicou a nosa maior festividade, o “Día das Letras Galegas”.

Turismo
O portal “Turismo” ofrece guías histórico-turístico-monumentais das cidades de Galicia: Compostela, Lugo, A Coruña, Ourense e Pontevedra. Son guías para o turismo, para o curioso ou entendido, abordando en profundidade o ser de cada cidade. Utilizamos os idiomas castelán, galego, inglés, alemán e italiano.

Websgalicia
Recopilamos as páxinas web de empresas, institucións ou particulares deste país, ofrecendo un panorama da situación de Internet en Galicia e a posibilidade de que o internauta localice a páxina que mellor se acomoda ás súas necesidades ou á súa curiosidade. Na actualidade, temos rexistradas 5.113 webs, medrando arredor de cincuenta novas webs ó mes.

Coas primeiras 4.800, froito do traballo dos últimos anos, publicamos recentemente en libro a GUÍA DE WEBS DE GALICIA.

Así mesmo, poñemos ó dispor de todos os usuarios un conxunto de servizos relacionados con Internet que poden ser manexados directamente polo interesado, aínda que este non teña coñecementos de programación nin maior experiencia na utilización de internet que o de usuario.

Este portal permite rexistrar dominios, adxudicarse contas de correo electrónico, confeccionar webs presenciais, darse de alta en buscadores, xestionar o aloxamento de webs ou tramitación de temas publicitarios.

Tamén esta Plataforma en internet dispón dun autobús adaptado para uso como aula de ensino, que pode funcionar como Aula virtual itinerante, Ciber, Sala de proxección, Sala de audición ou Sala de Xogos, coa que ten realizado numerosas campañas para institucións oficiais, empresas privadas e a propia Plataforma.
GaliciaDigital
GaliciaDigital


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES