Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O tren da morte (11-M)

miércoles, 31 de marzo de 2004
Xa vai saí-lo tren
coma tódolos días,
mais hoxe estaban frías
as vías
e tamén
as sombras fuxidías polo andén.
De súpeto, as olladas
cheiran,, esnaquizadas
pola infame metralla
¡canalla!
feita de bolas-balas:
¡Xa non podo miralas!
Chíos de paxariños
firen os ferros
tra-los berros
máis tenros dos meniños.
Tamén xime a alborada.
E logo, nada,
nada,
nada...
Ai, mouros criminais,
¿tivesteis nais?
Dou fe que eu vin
o sangue de Caín
que levades nas mans
vosas e dos irmáns,
e nunca morrerá
dende o 11 deica alá...
Segue esbarando o sangue mergullado
co cheiro sulagado
no neboeiro de mente,
amarga, tercamente, silandeiriñamente.
Para vos, desalmados, tan vilmente,
tan criminosamente,
que vos queima o mortífero terror
para sempre xamais, xa sempre no solpor,
animais terroristas,
por sempre nihilistas,
luxados pola noite soez deste estertor!
Vázquez Fdez., Lois
Vázquez Fdez., Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES