Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lei electoral

miércoles, 07 de julio de 2010
Desde o Preguntoiro: A lei electoral
Que PSOE e PP sexan capaces de poñerse de acordo é algo habitual. No Parlamento Europeo coincidiron no 70 por cento das votacións. Estes días a Comisión Constitucional do Congreso aprobou a reforma electoral cos votos dos dou partidos maioritarios. Unha reforma que non cambia nada, máis do mesmo.

¿Pode ser xusta unha Lei onde a terceira forza política de España en numero de votos como é IU teña dous deputados?. Isto é a vergoña dunha “democracia” bipartidista que atópase sobre mínimos.

Este capital salvaxe que nos está levando a unha velocidade sideral ao século XIX, por unhas políticas neoliberais consentidas en Europa e en España por uns partidos que se din de esquerdas cualificándose de socialdemócratas, termo que non comparto, non soamente por esa inxusta lei electoral que no quixeron reformar, senón pola política antisocial que están a levar ata as últimas consecuencias.

A política de Zapatero e PSOE non é socialdemócrata, o que saque ou recupere este cualificativo, alá el, xa que no ten pés ni cabeza. A política que está facendo é terriblemente neoliberal e esnaquiza os lexítimos intereses dos traballadores. A actual desfeita da economía por parte dos especuladores a temos que pagar os máis febles, xa que o PSOE e PP son os que encarnan a verdadeira pinza, a gran pinza da política neoliberal e non é un cualificativo deformante ou un insulto. Fagan a proba e ver esta novela de intriga da reforma laboral e a que poida vir coa machada das pensións e veremos a quén beneficia estas políticas desta pinza PSOE e PP.

Unha reforma da Lei Electoral xusta e equitativa, unha persoa un voto e listas abertas, segue sendo unha materia pendente para unha democracia plena.

Un grande escritor como Charles Bukowsky, definía a preferencia entre os partidos de USA, demócratas e republicanos, como a elección: “entre a bosta doce e a bosta salgada”. Ou sexa, o PSOE a man esquerda do capital salvaxe e o PP a súa man dereita.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES