Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡SOS! para o Camiño...e ¡chamada á Igrexa de Santiago!

martes, 30 de marzo de 2004
¡Previsible!. Había referencias. E síntomas. E non porque non estivesen avisados senón pola proposta por parte dalgúns promotores da Xunta de que "¡todo vale!" (con tal de que a xente corra cara Santiago) e a desorganización-organizada dos responsables da acollida dos peregrinos na Igrexa de Santiago. Aínda non se cumpre o 1º trimestre do Xacobeo e xorde a utilización do Camiño e volve a se repetir a feira na catedral.

Dous feitos a sumar á serie dos que abondan no Camiño. O primeiro, denunciado por o diario rexional "La Voz de Galicia" (con sorna esta fin de semana) "O Gran Hermano do Camiño chega a Galicia" e o "Apóstolo show" e o segundo , o acontecido coa Peregrinación da diocese de Lugo, o sábado. ¡Feitos diferentes e lugares distintos pero símbolos do atropelo e o desconcerto!.

¿Que busca a productora Globomedia co "reality show" na rota xacobea?. ¿Que pinta e aporta ó Camiño (ó Xacobeo) a parafernais do Gran Hermano adobada "cunha mestura de Superviventes"?. A "frecha amarela" (así se chama o invento) está feita para a ETB (televisión pública basca). Non é unha broma. Hai datas fixadas (do 8 ó 11 de abril, e do 13 ó 15) e lugares contratados (unha palloza no Cebreiro e o albergue de Pedrouzo, Pino) e din "con autorización" ( Xunta!?, Cultura!?, quen!?)... para as filmacións. Todo mesturado con xogos, probas, nomeamentos...e ¡o que se tercie!. Non sei que sensación lles produce a noticia. Persoalmente, non creo que esta montaxe-transvase ó Camiño teña algo que ver con calquera dos xeitos de peregrinar a Santiago. Nin que lle aporte algo positivo tanto ó Camiño e ás súas xentes coma á peregrinación. O menos que se pode dicir é o que parece que afirmou o Arcebispo de que é unha banalización da peregrinación e do camiño e que non pensa concederlles a "compostela". Na Oficiña de Acollida non o teñen claro. Hai promocións ás que non se lle ven nin cara nin senso.

O outro feito, co título "Dificultades en la Catedral", a Axencia Europa Prees, relataba o feito así..."en el oficio de hoy, antes de que terminara la Misa del Peregrino de las 12,00, irrupción en el recinto un multitudinario grupo de peregrinos de la Diócesis de Lugo que acudían al Oficio de las 13 horas" .O "multitudinario grupo" que "irrumpíu" (como puido, porque foron empurrados cara fóra por 800 rapaces) era a peregrinación diocesana, presidida polo bispo, programada e concertada cos titulares da catedral había meses e que lle tiñan asinada a Misa para as 13 horas. Sangrante informalidade e falla de respecto ós 4.000 peregrinos/as ( máis do 50% da terceira idade) que tiveron que deambular por alí preto de tres horas. Por ese camiño non se vai a ningures. ¿Para iso meten ás persoas na catedral?. ¿Poden, de verdade, saír de alí xubilosos ?. Engade o referido cronista (pola súa conta e porque o debe ollar varias veces) que "los sacerdotes reclaman diariamente tranquilidade y paciencia, así como silencio a los centos de fieles..." Ou sexa, que é difícil que con tanta masa e co botafumeiro e o santo dos croques como protagonistas que aquilo non se converta nunha feira, tamén a diario. ¡Revisión e autocrítica, amigos responsables do Ano Santo, Igrexa de Santiago!. ¡Mais seriedade e menos contemporización, dirixentes do Xacobeo, Xunta de Galicia!.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania