Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carta Inglesa (De 'Manual de Urbanidade e Boas Costumes')

viernes, 05 de julio de 2002
-Querido fillo:
Inda que algo “démodé”, espero contribuir coa presente a un mellor aproveitamento das túas vacaciós británicas.
Ser unha persona tosca requere hoxe en día esforzados talentos. A competencia é moita. Non basta coma outrora sorber bruidosamante a sopa e dirixila simultáneamente por ambolos condutos; é preciso facer máis cousas ó mesmo tempo: a ollada estulta e fixa nun ouxeto lonxano, os pes retorcéndose baixo a mesa e algún toque de sobaco -especialmente ós postres- levará os teus anfitriones á convición totalmente aniquiladora de que non siñifican nada pra ti.
Respeito ó diálogo, calquera suxeto que presuma hoxe en dia de ter persoalidade, debe facerse repetir as preguntas polo menos dúas ou tres veces; pra elo inquirirá ó interlocutor con repetidos movimentos ascendentes de cabeza ó tempo que ostenta unha espresión equidistante entre a contrariedade e a sordera. A dificultade que os teus interlocutores terán para abrirse paso entre tanta torpidade disuadiralos de manter calquera aititude intelixente.
A propósito da conversa: debo lembrarte que o dedo índice se chama eisí por algo. Debe manexarse constantemente sinalando toda cras de persoas, animais e cousas. Si iste singular dedo fora insuficente, podes alternalo co dedo gordo da man dereita –apéndice especialmente adecuado para referirte as damas ancianas que estean a túa veira e que da á conversa un matiz moi axeitado de inxustificada campechanía-. Tamén pódese reforzalo aceno con instrumentos sinxelos coma culleras, tenedores e coitelos que se bascularán ou esgrimirán nas narices mesmas dos aludidos, creando eisí unha interesante situación de inestabilidade e perigo. Na mesa os acidentes poden ser moitos, o que convertirache nun ser ausolutamente popular.
En xeral, debes adoutar unha aititude segura e indiferente, e, si os teus interlocutores teñen persoalidade dabondo -bispos anglicanos ou militares coloniais xubilados, poño por caso- debes neutralizalos deseguida con palmadiñas no cogote ou na barriga, confianzudos e fora de tono.
A túa condición de galego fai especialmente delicadas as túas relaciós en Inglaterra, non soio porque teñen en sí categoría internacional sinon porque os ingleses sábenno todo sobre os spaniard. En todo momento deberás responder pois as súas esperanzas poñendo en duda a democracia e a cultura. Non é fácil ser un iñorante, porque, queiras que no, algo sempre se pega. Doutra banda, unha iñoranza enciclopédica necesita bastantes datos; por exemplo, para confundir a Byron con Shelley hai que saber polo menos seus nomes pero, ademáis, hai que atribuirlles algunha obra: “Otelo” ou o “Mercader de Venecia” –poño por caso-. E todo elo non como pedante cita erudita sinon no curso dunha encendida discusión patriótica sober do Peñón ou sober das erróneas teorías de Darwin a propósito da “Mona de Gibraltar”, causa ista derradeira, como se sabe, do conflito. Un maior lucemento pódese lograr poñendo de releve a azaña de Shelley cruzando a nado iste estreito e ca súa posterior imitación por Mao nas Aleutianas. A túa estensa incultura será garante de fidalguía e distinción en calquer pais pero, en Inglaterra, podería exercer ademáis efectos mortificantes sobre o estado de ánimo dos británicos, hastra ti os máis independentes seres do Universo.
Outra cuestión é a do sufrimento que podan causarche os hábitos dos nativos -polo visto menos ventilados que arrogantes-. Si o racionamento da i-auga chega á cisterna do W.C. podes comentar -como si tal cousa- que, precisamente, o W.C. é un inxenioso invento británico, mestura afortunada dun esquisito olfato e dunha acusada imaxinación tecnolóxica. Si nin inda eisí desbloquean patrióticamente o invento, recoméndoche o campo, a fin de non ter que soportar as consecoencias dos teus propios actos.
En canto á vestimenta, non estou dacordo cos xóvenes que lucen un desaliño espontáneo. Nin a suciedade, nin os insinuantes parches Pirelli nas posadeiras, nin o rascado de parásitos capilares poden lograr unha apariencia tan desolada coma un estudado aderezo de anelos, pulseras, dixes e amuletos (aparte dun bo e osixenado corte de pelo ou dun esperto paso de tango).
Istas e outras cousas espresan algo, son unha lingoaxe rebelde; pero non praticalas pode ter siñificaciós inda máis inconvenientes. Como en castelán as preferencias de “señora” ou “esposa” frente a “muller”, de “vale” frente a “bien”, do futuro “prométoche” frente ó pasado “xúroche” etc., istas cousas deveñen en claves secretas coas que a burguesía pretende detectar e discriminar ós seus desprevenidos advenedizos, sin decatarse de que polo mesmo sistema ela é eisí tamén catalogada i escluida do espacio xeral.
Apreséntate sempre con naturalidade e non dudes en meterte os dedos nas narices, como tés por costume. Os aparentes inconvenentes da túa mala educación quedarán compensados con creces polas túas virtudes de sinceridade e seguridade en ti mesmo.
Agora que xa tés compañeiro de habitación a quen botala culpa do teu cheirume a pes, intenta desviala atención da anfitriona cara Juan Fernando. Non é preciso chegar a acusación; bastaría con preguntarlle a volta de clase, en correcto inglés, si vai lavarse os pes ou non. E iso somentes dúas ou tres veces, pois teño ouservado que as aprensiós da xente limpa en materia de cheirumes son indelebles.
Preocúpame que, por mor da sobriedade británica e do seu desorde horario, intentes complementar a túa ración a base de uñas. Suxéroche sucedáneos menos arriscados como a tiza, a goma arábiga e os calomelanos. Non esquenzas: a fame e soio un reflexo. Evita pois pasear diante das salchicherías e das cociñas. O maligno non descansa.
As previsiós da Sra. Lovel chegaban somentes deica as “camas molladas.” Obviamente iste non é o teu caso. O teu é simplemente o de mexarte nos zapatos. Polas noites debes guardalos pois cuidadosamente en sitios inacesibles pro sonánbulo que levas dentro e recomendar o mesmo a todo o mundo. Verifica tamén que a túa habitación non contén os innumerables tarros de Talavera que Mrs. Redrupp xa debe ter recibido dos seus abundosos e imaxinativos pupilos; pois facerte pis niles podería costarme unha verdadeira cacharrería. Doutra banda, sería como mexarte nunha multitude de delicados sentimentos.
Como podes ver, intento escribirche unha fina carta inglesa que constituie un verdadeiro homaxe de comprensión e simpatía hacia o pais que che cobixa e incruso cara o traductor lemés das Cartas de Lord Chesterfield ó seu fillo, devanceiro iste teu que -efeitivamente- superou gracias a elas a condición de segredario. Si o seu contido non alcanza o outo siñificado moral e os elegantes conceutos que nilas intento verter, é debido a miña mala letra –especie de mala leite caligráfica ísta que tortura a natural nobreza das miñas intenciós-. En compensación, cópioche unha serie de proveitosas recomendaciós do Lord que nin eu mesmo superaría:

- “Non toques a flauta nin o violín; ístes son exercicios despreciables pra un home de condición”.
-“Recoméndoche a sociedade de mulleres de clase e tono; a súa compaña pulirá os teus modais i esto serache moi útil entre os homes.”
-“A limpeza da túa persoa entendo que lograrala bañándote de vez en cando.”
-“Todolos teus coñecementos de grego enxamáis proporcionaranche ascensos superiores ó de Segretario; pero os teus modais e o teu porte proporcionaranche os de Ministro.”
-“Si queres agradar a xente, faino ó seu modo. Rabelais escribiu un libro escelente que non gustou a ninguén; axiña determinou conformarse co gusto do púbrico i escribiu Gargantúa e Pantagruel que agradou a todo o mundo, inda que é malo.”
-“O máis profundo saber sin os bos modais é unha pedantería fastidiosa.”
Non podo resistila tentación de correxir lixeiramente unha derradeira cita do Lord: “Enxamáis te avalances sobre os lugares de preferencia nin sobre os millores bocados sinon que, polo contrario, cédeos de xeito que os demáis, usando de igual cortesía, entréguenchos finalmente.”

Formidable. Somentes o prefinal do If ten comparanza.
Sincerely yours
Teu pai
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES