Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Luz viaxeira

martes, 06 de julio de 2010
Na sala Almirante do Hotel Méndez Núñez de Lugo, Miguel A. MACÍA acaba de clausurar unha exposición de grande calidade artística e de abondoso público. Hoxe o pintor é xa un dos grandes da nosa pintura.

(Para Macía)

Esa luz que viaxa debaixo da nube,
abeirada da outra luz violadora e aurilucente que a penetra.
Pasaxeira pomba transparente de aires imprecisos
cal muselina esmorecida de sopros
ou gasa afagada pola choiva penetrante de decursos.
Macía da ardora, de “nenos con faroliños”,
de paraugas abertos e augas tremelucentes de rúas e prazas,
de vermellos de paixóns luguesas
nun “Arde Lucus” proteico
e azuis galegos fríos de nostalxias
e atlánticos de olladas.
Sírvete acariñar as cores dos “nocturnos” en ventás de bocas de luz
durmindo e arrolando as torres dun Lugo que esmorecen as néboas
arelando esfumados de poesía
entreverada de silencios.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania