Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Enchente

lunes, 05 de julio de 2010
Eu agardo que os internautas que me lean libraran da enchente do venres, 25 de xuño mellor do que librei eu, que de todos os xeitos non me dou por moi perxudicado, que ninguén se mancou. En Vilalba como en Lugo, a auga desatou toda a súa forza volvendo poñer -poñernos- en evidencia o pouco que somos fronte ás forzas desatadas da natureza.
       
Eu viña esa tarde precisamente da Terra Chá hacia Lugo cando se abriron as comportas do ceo, e arredeime momentáneamente para que pasara a maior violencia cando me chamaron da casa para que fóra axiña porque a nosa vivenda se convertira na viva demostración de que viviamos nun piso con auga corrente, como antes se dicía. Tan corrente, que entraba a cachón pola parte posterior, pola terraza, recorría todas as habitacións e saía pola porta de diante, pola escaleira.
       
Digo esto porque os danos en Lugo foron moi elevados e importantes, e xa sei que en Vilalba sufriron baixos comerciais ou non, especialmente na rúa da Pravia e na miña Porta de Cima. En Vilalba como en Lugo, o nivel da auga subeu, a auga arrastraba todo tipo de sólidos en suspensión, as alcantarillas non daban tragado, e produciuse a enchente.
       
Estamos afeitos a considerar que este tipo de problemas téñeno en lugares rurais e noutras latitudes, estando as zonas nosas urbanas libres de casos así. E de cando en cando comprobamos precisamente o contrario. Porque no rural da Terra Chá a caida de auga trae consigo inundacións que veñen propiciadas porque o cal existente na terra forma unha película na superficie que pecha a porosidade e retén a auga de choiva.
       
Pois eso, que este día parecía que sobre Lugo e tamén Vilalba caeu a choiva perfecta, á que nunca estaremos afeitos. Seica nin os máis vellos acordaban algo así. Aínda que xa se sabe que os que imos para vellos temos cada vez menos memoria.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES