Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A 'Olivetti'

lunes, 05 de julio de 2010
Cada vez que botamos unha ollada retrospectiva á historia local atopamos episodios que o paso do tempo os converten en feitos que hoxe nos parecen insólitos ou cando menos sorprendentes. Polo ano 1935 era alcalde de Foz Cándido Eijo Maseda. Na sesión do pleno da Corporación Municipal celebrado o 7 de febreiro do devandito ano tratouse, entre outros asuntos, o referido á adquisición dunha máquina de escribir que ó parecer tiña ofertada a casa Hispano Olivetti. O señor alcalde diu conta ós compañeiros da Corporación de que xa se recibira, enviada pola firma suministradora, a tapa e a base ou tabuleiro da máquina que faltaban e que se tiñan reclamado, completándose así a súa presentación e funcionalidade, polo que procedía aceptar en firme a proposición feita por dita Casa da venta dunha máquina Hispano Olivetti, modelo M. Hog, da súa fabricación; aparello que tiña un custo de 1789 pesetas (10,71 €), cantidade que o vendedor aceptaba recibir en tres prazos: o primeiro de 500 pesetas (3 €) o día 12 de febreiro de 1934, o segundo de 500 pesetas (3 €) ó ano seguinte e o terceiro, o resto, 789 pesetas (4,72 €) o día12 de febreiro de 1936.Os membros da Corporación, despois de sopesar e debater tódalas consideracións do caso, por unanimidade acordan a adquisición definitiva da máquina de referencia, nas condicións expresadas, e aproba o pago do primeiro prazo, xa verificado.As cifras que se barallan nesta operación hoxendía poderían parecer irrisorias; pero para valoralas na súa xusta medida convén aportar algún dato tan elemental como significativo: por exemplo, que o presuposto do concello para aquel ano 1935 era de 83.000 pesetas (497 €), e o custo da máquina era igual ó importe total que por Dereitos e Taxas ía a ingresar o concello naquel exercicio. Para percatarse do que aquela inversión entón significaba baste decir que o xornal dun obreiro, no pleno da Corporación do día 6 de decembro de 1934, fixárase en 5 pesetas diarias (3 céntimos de euro); é decir que este traballador necesitaría a paga de todo o ano para facerse coa “Olivetti”…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES