Imos vellos
Editorial - viernes, 09 de julio de 2010
E a cousa irá a peor. Non é que ser vello sexa malo, senón que as idades deben ter un certo equilibrio na xeografía humana dun país, e no noso estase a producir un desfase brutal.
En Galicia, agora mesmo, preto da cuarta parte dos galegos supera os sesenta e cinco anos. O mesmo ocorre de promedio en España, calculándose que no ano 2060 a porcentaxe dos maiores de 65 anos será do 56 por cento, o que económicamente será imposible de soster por calquera sistema de pensións.
No conxunto europeo tampouco se melloran moito estas cifras, xa que se calcula que paara o 2050, un de cada tres europeos terá máis de 65 anos, e o 11% serán maiores de 80.
Estas cifras consideradas en solitario, sen comparalas con ningunha outra, veñen evidenciar que a situación económica e social das áreas nas que vivimos son as idóneas para a prolongación da vida, cada día máis cómoda, que permiten que cada xeneración disfrute de mellor nivel e polo tanto de máis longa duración vital.
Eso que en principio é bo, presenta de cara ó futuro unha triste perspectiva, xa que en Galicia nacen menos persoas que as que morren, co que se produce o chamado crecemento negativo: Galicia perdeu 7.580 persoas durante o ano 2009.
Só Asturias e Castilla-León teñen un índice de natalidade máis baixa que Galicia no conxunto español, e as mulleres galegas teñen de promedio 1,1 fillos cando faría falla como mínimo 2 para poder manter o actual nivel de poboación.
Os gobernos deron en proporcionar axudas para fomentar a natalidade, pero pouco se pode facer neste campo se todo se concreta en axudas económicas momentáneas, comezando polos 2.500 que o goberno nacional concedía a cada nacido, agora desaparecidas, ou axuda anual ás nais de 360 que concede a Xunta de Galicia. Pero este tema non se soluciona con subvencións.
As políticas de apoio ás familias non se concretan en algo práctico, que solucione problemas e fomente a natalidade; mesmo teñen maiores vantaxes as familias monoparentais ou sen estructurar que as estructuradas de xeito tradicional. Algo haberá que facer ó respecto, que non vai ser responsabilidade dunha soa administración ou territorio, senón que é un problema para todas as administracións, e para todos nós. Especialmente para todos nós, e para os que veñan despois de nós.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora