Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sic transit

miércoles, 07 de julio de 2010
Poucos ambientes como os políticos para aplicar a vella máxima do fugaz que resultan as glorias do mundo. Porque ningún lugar como a política para experimentar ascensos repentinos, meteóricos, que acaban sempre en duras caídas para mergullarse na nada, porque habitualmente da nada saíron os que un tempo foron triunfadores.

Da pasada etapa da política galega, que xa é historia, pode verse que o expresidente Touriño lévao bastante ben, que tiña a Universidade para volver e asentarse, despois dunha etapa sometido á presión cabe supoñer que insostible dos seus socios de goberno. O seu partido contribuíu de forma decisiva a que o silencio se fixese dono da súa traxectoria, e en moi contadas ocasións fai oir a súa voz.

Quintana, hoxe é silencio. Non só del non se sabe nada, senón que a súa herdanza foi esvaéndose no tempo -pouco máis dun ano- que leva fóra do goberno, tendo estes últimos dias protagonismo a última morte anunciada: a do Consorcio Galego de Servizos de igualdade e Benestar, que será sustituido pola Axencia Galega de Servizos Sociais, con outros cometidos, con outros representantes, con outro espíritu, e con outro persoal que ata o pretendido proceso para a consolidación de persoal foi anulado por non reunir as condicións precisas para seguir adiante.

Algunha lección deberemos e deberán obter para o futuro, administrados e administradores, co fin de non ter que caer sempre nos mesmos erros e sufrir os mesmos avatares.

Os políticos deberán ser conscientes de que todo o que programen, sexa contra natura ou contra os demais, ten data de caducidade prevista que coincidirá co acceso ó poder dos opoñentes, pasando de oposición a goberno. E do mesmo xeito que non se debe cambiar por cambiar o existente, aproveitando o que está ben e funciona correctamente, tamén os gobernantes teñen que ter en conta a provisionalidade do seu traballo e papel e coidar de que o que dispoñan e gobernen poida valer para todos, e teña vixencia cando quen goberne non pense coma eles.

“Sic transit gloria mundi”, é un aforismo que demostra infinitas veces a súa vixencia. E así será por sempre. Como xa bastantes veces se pon de manifesto polo normal discurrir da vida humana; non provoquemos máis caídas que as estrictamente necesarias. A menos que coidemos que o mundo vai seguir sempre igual, e toda situación provisional pode ser eterna.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES