
Cando era pequena e pensaba onde me gustaría vivir cando fora grande, sempre viña o meu maxín unha casa grande, por suposto no campo...unha desas casas que as avoas teñen nas aldeas, porque alí sempre hai pan e uns queixos riquísimos, deses que se van polos pratos escorridos que da gusto velos
eso si, a miña non sería unha casa aburrida ¡que va! Eu viviría nunca casa leda, de cores, ou mellor dun so cor, morado por exemplo, e con debuxos de
¡vacas! ¡si! ¡vacas enormes!, pero non unhas vacas calesqueira, serían vacas viaxeiras, coa súa cámara colgada ó lombo
Na miña casa habería ademáis moitos bichos, a min sempre me gustaron moito os bichos, gatos, cans, cans e cadelas grandes, pequenas, co rabo roto, cos ollos grandes, pitas e galos
¡Ah! E claro, unha burra, encántanme as burras, decidido
¡terei unha burra que se chame Filomena! que é un nome ben bonito para unha burra, e seguro que ha ter un fillo que será coma un "Milagro"
A todo o mundo lle encantará vir a verme ¡normal! E é que nos cuartos da miña casa haberá estrelas e nubes pintadas e xoguetes para todos e todas en cada unha delas, tamén grandes mecedoras nas que ler contos de princesas e aventureiras... e por suposto unha cheminea enorme no comedor para tomar un deliciosa tarta de queixo feita polas marabillosas mans da cociñeira do lugar, e xogaremos ó parchís nun cuarto de cores e sonará unha gramola enorme para ir durmir finalmente a unha gran cama con dosel, desas nas que durmen as raiñas
¡que mágoa que falte tanto para sermos maiores!
... ¿ou non?...
www.casadebaixo.com