Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Labrada: festa da verza rizada

viernes, 02 de julio de 2010
Labrada: festa da verza rizada Ben entendido: da verza rizada e do lacón cocido, que así se chama esta manifestación que se celebra cada ano na parroquia saudable do saudable concello de Guitiriz, na provincia de Lugo. Esto foi no mes de abril, o día 17.
Un tomou notas, nomes de persoas e lugares; de feitos do día da feira e da festa. Pasan os días e un quédase case orfo de partitura. Pero a un quédalle a música, o lecer extraordinario, a compañía de amigos e dun vagar, entre a choiva miúda do mes de abril. Un sabe que Labrada é unha grandeza parroquial de Guitiriz, da comarca da Terra Chá lucense. Un recoñece que tivo a alegría de reencontar a Horario, amigo de tantos anos, despois de moitos sen vermonos. Horacio Iglesias Gutiérrez, home de cen oficios, da taberna de Horacio, ou taberna de Labrada, a única da parroquia.
Un recorda, tamén, o xantar debaixo da carpa, no campo da festa, na compañía dos veciños da parroquia, de Regina Polín, alcaldesa de Guitiríz, de Apolinar, que me acompañaba. Pero sobre todo, un recorda as cestas de verzas rizadas, o sabor extraordinario déstas e do lacón. É, especialmente, nese día choivoso, entre sol e orballación, o Carballo Grande, xunto á Casa de Xosé Loureiro; o Carballo de Estremil de Arriba, onda a Casa de Alfonso; as pinturas da igrexa parroquial, o cruceiro do igrexario, as Medorras de Fermosa, no Castro, e a Medorra da Pena dos Nenos, na Serra da Loba; o Castro de Margá e o Castro da Torre.
Agora, ao escribir, un pensa como sería, exactamente, o complexo monástico de A Granxa, do que só queda a Igrexa Parroquial de Santa María de Labrada, templo románico reconstruído nos séculos XII e XVIII.
Teño ben seguro que hei de regresar a Labrada e reseñar con detalle, xa non a Festa da Verza Rizada e do Lacón cocido, que na carta edición, no vindeiro 2011, vai seren outra doa dun rosario de asuntos fermosos que relatar de Labrada. Non. Hei de voltar a Labrada para describir a súa xeografía, as súa xentes e os seus vivires. Porque, Labrada, saudable parroquia, do saudable concello de Guitiriz, ten máis marabillas que aldeas.
A parroquia compónse de 44 lugares, se é que non me queda ningún fóra da memoria. Así que, xa me dirán señoras e señores, se unha parroquia desta natureza e composición, nun merece un vagar extenso, datallado e comprometido. E no meu caso, casi me obliga a elo (ademais das belezas naturais de Labrada), os meus amigos, Regina e Horacio. Pero bueno, xa teño data para regresar a Labrada: as festas de Santa María, do 14 e 15 de agosto. Exacto. Bueno, iso se é que as ansias non me levan antes. Mentras tanto, dígolles: estes días de verán, Guitiriz e Labrada son puntos de referencia para ires de vagar, para mergullarse na historia e no sorprendente. Non hai perda para chegar a Labrada: desde Lugo, auto-estrada Madrid-Coruña, dirección A Coruña, saída a Parga, ir ao Mesón da Cabra e seguir a estrada de Momán; ao pasar Merendero, estrada local á esquerda que leva a Labrada directamente. Será unha viaxe para non esquecer.
En canto á verza rizada, señoras e señores, haina, no seu tempo, da mellor, da máis saborosa e particular de toda Galicia.
Mentras pensan e deciden, eu quédome repetindo unha e outra vez, os nomes ou luagres das súas aldeas: Ameixeiras, As Penas, As Toxeiras, Barallobre (ou Bañobre, que non o teño claro), O Castro, Os Xiros, Paderna, Gandarela, Pumariño, Prado Vello, A Torre, Estremil de Abaixo, Estremil de Arriba, Olmos, Granxa Vella, San Cristovo, Toxiño, Galiñeiro, Sinde, Balsa, San Mateo, Xunto á Igrexa, Tarañeira, Rodeiro, Xove Novo, Xove Vello, Vigo, O Cal, O Carballo, Os Castelos, Vacoira, Bernaldo, Carballiños, Gatelle, Cece, Puza, Muxín, Margá, O Codeso, Pumariño, Regueiro... E seguramente algunha aldea máis que me queda sen reseñar. Pecado de esquecemento, que pido seña disculpado.
Se isto valera para que os veciños de Labrada, todos, tomaran conciencia do grande valor da súa parroquia, do grandísmo interese que espertan a súa historia, os seus productos e as súas manifestacións culturais e festeiras, isto sería unha escrita, senon ben descrita, alomenos, aportuna.
Deica outra, Labrada.
Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES