Xuntanza dos países G-20
Cardalda, Theo - viernes, 02 de julio de 2010
Desde o preguntoiro: Xuntanza dos países G-20
Estes días tiveron unha xuntanza os chicos do G-20 en Canadá, como todas as que levan facendo ante esta crise galopante, en ningunha delas nada concretaron. Como por exemplo: o de rematar cos paraísos fiscais da que tanto falaron no anterior cumio, quedou en augas de borralla . Agora ían a falar de regular a taxa bancaria; remataron repetindo o mesmo de sempre con inconcrecións e ren de ren desa taxa.
Son un perigo cada vez que se xuntan, sempre temos que pagar os cidadáns. No cumio pasado en setembro gastáronse uns 18 millóns de euros. Nesta de Toronto foron dous millóns de dólares.
Se queren o mellor para nós e máis para os futuros nenos lactantes, lle recomendaría ao noso camarada Comandante Sr. Zapatero, xefe desa socialdemocracia-neoliberal de gominas e gomosas que o vindeiro cumio o fixera nos nosos enxebres furanchos convidando a os outros 19 con dereito a viño do país, cachelos, mexillóns e pementos de Padrón. Co da seguridade coido que non lles falla falta 20. 000 policías como en Toronto. Aquí con Bernardino o pernas tortas e mailo Odilio o escorrenta porcos xa lles chega e sobra.
Logo despois da papancia, comezaran a arranxar o mundo, falando a ritmo de letanías, salmos e kirieleisons, como sempre, por no variar. A continuación poden facer unha boa limpeza corporal: lubricar a próstata e botarlle brea ás canas, beber un bo augardente de herbas de solera galega, rematando todos eles rezando o rosario.
Fiquen tranquilos caros lectores, seguiremos igual ou peor e non veremos luz con estes xefes europeos ao mando do Tío Sam até a canonización de Pepiño Blanco.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora