Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viaxes electorais

miércoles, 30 de junio de 2010
Desde que os políticos descubriron o mercado de votos existentes no exterior, no ámbito dos emigrantes, comezaron a aparecer xornadas de confraternidade, visita ós emigrantes dun concello, provincia ou comarca, xira política ou institucional por determinados ámbitos, especialmente en Sudamérica, sabendo que se trataba dun mercado cada vez menos virxe pero numeroso onde podían obterse sustanciosos beneficios.

Os grupos da Cámara galega veñen de poñerse de acordo en que non é de recibo que se produzan viaxes institucionais ó exterior en período electoral, e acordaron o prazo de cen días para delimitar temporalmente un tema que se ten evidenciado moi discutible e discutido por todos cando non son beneficiarios do mesmo.

Entenden os partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia que se poden organizar viaxes de campaña en calquera tempo, sempre que sexan as propias agrupacións as que financien estas expedicions. Pero se se financian con fondos públicos, eses cen días previos ás eleccións marcan un tempo para o xogo político que pretende poñer a todos no seu lugar, e a non beneficiarse do exercizo do poder en calquera institución pública.

O acordo para Galicia vale tamén para o goberno nacional, que non poderá incidir nunha campaña con fondos públicos, polo que os cargos institucionais de ámbito nacional tampouco poderán entrar en campaña co subterfuxio da súa actividade pública.

Que os partidos políticos se poñan de acordo nunha materia coma esta evidencia que a rodaxe política vai producindo á larga efectos beneficiosos, e que sen dúbida todos teñen comprobado que este tipo de expedicións para moi pouco valen en canto a resultados, e é moito maior o risco político da aventura ca o que se pode obter co seu exercizo.

Aínda que tamén hai que considerar que chegar a un acordo coma este foi máis doado nesta ocasión que en calquera outra anterior, porque segundo os acordos ós que se ten chegado en canto ó voto emigrante este vai decidir bastante menos nos resultados das próximas eleccións que en calquera das anteriores. Pero o caso é ir poñéndonos en orde, tamén en asuntos coma este, que nunca foron menores, e ós que ata agora se prestou moi pouco interese.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES