Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sanidade con pago mínimo

martes, 29 de junio de 2010
Diciamos onte que posiblemente hoxe houbese unha nova sorpresa recaudatoria, que non é que sexa fresca do día pero segue palpitando desde o momento xa lonxano en que se inisinuou a posibilidade de que cada consulta médica supuxera para o afiliado á Seguridade Social alomenos o custo dun euro.

Aparentemente, non tería fin recaudatorio esta nova exacción, senon disuasorio para evitar a masificación das consultas en ambulatorios e clínicas.

A asistencia ós consultorios está sendo contemplada como un verdadeiro deporte nacional onde se acude a plantear calquera cuestión sen interese, masificando as salas de agardar, e dificultando a atención dos enfermos que teñen un verdadeiro problema de saúde.

Os xubilados utilizan as consultas ata catro veces máis ca os traballadores en activo, precisamente polo tempo libre de que disfrutan aínda que as doenzas aumenten lóxicamente co paso do tempo e o incremento da idade.

Hai estudios que afirman que unha de cada tres visitas ó médico de familia poderían ser perfectamente prescindibles, do mesmo xeito que moitas visitas a Urxencias non son tal. Entre as numerosas solucións posibles a un problema que cada día será máis acuciante, está o do pago dunha parte do custo da consulta, partindo do máis básico como é un canon de dous euros por visita médica vixente no veciño Portugal.

Vendo as posibilidades futuras, e os usos e costumes dos paises do contorno europeo, hai que concluir que o que se pretendía en España de aboar un euro por cada consulta é o sistema menos oneroso, que mesmo haberá que estimar como disuasorio co que o resultado pode ser favorable por partida doble.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania