Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Autovías e autopistas

lunes, 28 de junio de 2010
As voltas de tuerca sucédense dun tempo a esta parte, xa sexan efectivas xa anunciadas para ir creando ambiente. A última, a das autovías, que poden pasar a ser de pago.

A diferencia entre autovías e autoestradas, na práctica, está precisamente en que unhas son de pago, tendo que aboar un canon oneroso pola súa utilización, e as outras gratuítas. Certo que os servizos que os automobilistas disfrutan son algo maiores nas autoestradas, pero na práctica a cidade que posúe unha autovía considérase beneficiada pola man da administración que non fixo outra cousa que compensar seculares carencias, polo que a Galicia se refire, dotando o noso territorio dunhas vías de comunicación acordes co que os tempos e a demanda esixen.

En Portugal parecen tamén aggionarse e en todo o norte do país se anuncia que os usuarios van ter que aboar determinadas cantidades por circular por autovías por agora de recorrido gratuito, sintonizando ámbolos dous territorios en acogotar ós consumidores usuarios, máis axiña ou máis tarde.

Na máis puro exercizo de intimidación política que imos aprendendo e sufrindo paso a paso, golpe a golpe, tócalle agora o turno ás infraestructuras viarias para que nos vaiamos dando conta de que esto é unha historia interminable, o conto de nunca acabar, que está empezando.

Algún día algún especialista na materia deberá facer unha análise científica deste sistema de gobernar a nosa economía, baseando o exercizo diario na sorpresa sen fin, en ir descubrindo novos posibles camiños de recaudación en base ós máis varios elementos. Porque se o das autovías non resulta, seguro que neste momento xa está en marcha outro sorpresivo anuncio co que almorzaremos mañá mesmo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania