Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A hora dos discapacitados: ¡Non nos fallen!

lunes, 29 de marzo de 2004
O pasado venres, o próximo presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, ante o Comité Federal do partido, lembrou as liñas mestras do seu goberno. Pedíulles cinco cualidades para acadar un novo País: "Proximidade ós cidadáns, capacidade para escoitar, humildade para gobernar, conducirse con austeridade e traballo". Concretou accións a seguir baixo o encabezamento "chegou a hora de..." Entre varias promesas de tipo social (teño a sensación de que dicía a verdade e que reafirmaba compromisos) apareceu a tantas veces repetida solemne frase: "chegou a hora dos discapacitados". ¡Oxalá, Sr.Presidente!. Sabemos da súa boa vontade e proxectos. O seu partido, antes de chegar ó poder no l982, tamén fixo proxectos e loitou con ideas e con forza. E, incluso, fixo moitas cousas, ó principio. Entre outras foi quen de sacar adiante a esperada LISMI (a lei de integración social dos minusválidos) que era un paso fundamental a dar, daquela. Ó pouco, esmoreceu. Houbo que recordárllelo con algunhas concentracións en Madrid. Esquecéranse dos investimentos e dunha parella lei sancionadora para que fose eficaz. A Lei só se desenvolveu nun 28%. Agora, o colectivo de diminuídos físicos (tres millóns e medio de cidadáns/ás), está en situación semellante. Os do PP, despois de moitas promesas e inexplicables retrasos sacaron a "LIO" ou sexa, a "Lei de Igualdade de Oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal" (¡rumboso e mesmo malsoante título!) máis diminuída cós discapacitados do rural galego. Sen investimentos e co insultante prazo de 17 anos de cumplimento para algúns dos seus apartados. Sabemos que vostedes estiveron aí, que presentaron propostas e que votaron en contra. O rodicio arrasou. Xa saben o que hai que facer, vistas as promesas e proxectos. Por suposto, saboreen a habitual cortesía dos 100 días. Igual cós xoves de Madrid, a noite do trunfo, o colectivo dos discapacitados físicos tamén lles dicen...¡Non nos fallen, outra vez, por favor!.

Xesús Mato (Colectivo AdianteXá)
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES