Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Descubrir Bembrive

lunes, 28 de junio de 2010
Santiago de Bembrive é unha parroquia do Concello de Vigo. Descoñecida para moitos, pero cun peso e encanto por descubrir. Limita coas parroquias de Beade, Cabral, Lavadores e Zamáns e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores.

Bembrive goza dun estatus particular: ser Entidade Local Menor. Foi constituída o 12 de xuño de 1945 (só outras 8 parroquias galegas gozan do mesmo rango administrativo). A entidade está rexida por un alcalde pedáneo e catro vocais. O alcalde é elixido nas eleccións municipais pero de xeito diferenciado. A elección de vocais é resultado dos votos acadados polos partidos políticos no ámbito parroquial. As vocalías están dedicadas ós temas en que a Entidade ten certa autonomía: Monte, Relacións cidadás, Urbanismo e Obras e servizos. Basicamente, as súas funcións son a xestión do monte, 355 hectáreas, e artellar unha rede de infraestructuras e servicios máis acorde coas necesidades da poboación. Así, boa parte do seu financiamento provén do aproveitamento forestal. Eu convido ao alcalde, Bieito, que teña aos cogomelos como opción de futuro.

Descata a importante actividade social, cultural e deportiva en centros de gran peso como “Helios” ou “Xestas”. A Asociación Cultural "Helios" ten unha profunda raigame na parroquia. Data de comezos do século XX, pola actividade da Irmandade de Labradores e Gandeiros que formou o grupo coral "Helios". Hoxe contan cunhas instalacións funcionais de primeiro orde e sobre todo de moitos asociados que participan na vida social e cultural.

Malia que diversas localidades e concellos de renome capitanean actividades como a confección de alfombras florais polo Corpus, compre salientar o esforzo dos veciños desta Entidade Menor que confeccionan unhas alfombras dignas de ver nas inmediacións da igrexa románica. Non é a único actividade que congrega a milleiros de veciños e visitantes hai moito máis.

En canto ós monumentos, son salientables a igrexa parroquial de Santiago de Bembrive, construída no século XII, e o cruceiro do Cacheno, construído no século XVIII. Dos 137 hórreos presentes na parroquia, o 85% conta con máis de cen anos. As primeiras mencións á parroquia de Bembrive datan do ano 915 cando Ordoño II lle outorga ao bispo de Lugo, Recaredo, o poboado de terras de Benevivere, no couto de Turonio.
O alcalde quere poñer no lugar que merece Bembrive dentro do Camiño de Santiago, neste ano Santo Compostelano de 2010, pero esta parroquia garda moitos outros encantos... merece a pena descubrilos.
Mínguez, Alejandro
Mínguez, Alejandro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES