Coa Igrexa atopamos, compañeiro Saramago
Cardalda, Theo - miércoles, 23 de junio de 2010
Desde o Preguntoiro: Coa Igrexa atopamos, compañeiro Saramago
"Estamos todos hundidos en la mierda del mundo y no se puede ser optimista. El que es optimista, o es estúpido, o insensible, o millonario". Coido que estas palabras ditas por José Saramago foi toda a súa vida un home honesto, insubornable e fiel as súas ideas ata o final.
Só un xornal arremeteu como un touro contra Saramago cun dogmatismo e odio que asemellaba á Inquisición. Estou a falar do xornal L´Osservatore Romano do Vaticano. Vindo desa curia que foi responsable e culpable de tantos anatemas, de tanta hipocrisía, de excomunións a esgalla, de mentiras, de amezades perigosas (Hitler,Franco,Pinochet, Salazar e outros) e de guerras en nome de Deus, non me asombra. Non poden nin teñen dereito a dar leccións de ética a ninguén e menos a un home que foi a pedra no zapato de tódolos poderosos deste mundo, unha pluma incómoda para os inquisidores do Vaticano e que chamaba ás cousas polo seu nome.
Que falsos e fariseos son algúns destes vaticanistas acusando a un home inxustamente, que sufría pola pobreza do mundo e todas as inxustizas que ollaba ao seu arredor, inclusive apoiando as causas perdidas ata o último intre.
Coido que non é moi cristián, ético e humanitario o cebarse con José Saramago despois de morto cando non pode defenderse.
Sobran inquisidores e faltan moitos Saramagos.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora