Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Barreiro, sucesor

X.X. - jueves, 25 de marzo de 2004
Agustín Baamonde, Alcalde dun lugar tan “simbólico” como Vilalba, engade un novo nome como posible sucesor no seu momento do Presidente Fraga: Xosé Manuel Barreiro.

O nome de Barreiro, o home tranquilo, súmase así ó de Ana Pastor e Alberto Núñez para formar unha terna da que pode –ou non- sair o futuro lider do PP galego.

O nome de Barreiro menciónao o alcalde vilalbés nunha entrevista no xornal El Progreso, do mesmo xeito que o día antes nunha conversa con El Correo Gallego fixo a advertencia de que “os pilotos bermellos” do Partido estaban encendidos, e que había que poñerse ó día para sintonizar cos novos tempos e as novas xentes.

Agustín Baamonde, como Xosé Manuel Barreiro, tamén é un home tranquilo. E as advertencias (e os nomes) dos homes tranquilos –en tempo de tanta mudanza- non deben botarse en saco roto.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES