Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lingua materna

martes, 22 de junio de 2010
Os pais e nais de alumnos de tres anos que acceden o próximo curso ós colexios galegos deberán cubrir unha enquisa na que se lles pregunta cal é o idioma materno do seu fillo, se o galego ou o castelán. Esta enquisa vai servir para decidir cal é a lingua na que os nenos van ser escolarizados, non dependendo xa a decisión como ata agora dos claustros escolares.

O plantexamento, en principio, non parece presentar dificultades e todos deberíamos aceptalo xa que é a maneira de que os pais decidan sobre o idioma dos seus fillos, precisamente en base ó que se utilice co neno na casa, xa que hai que entender por “lingua materna” a que se lle fala ó neno desde o momento en que nace, desde o momento en que se lle fan os primeiros acariños, desde que se lle cante a primeira nana.

Nestes momentos, a enquisa está en marcha xa que deberá ser entregada na secretaría do respectivo colexio no momento de facer a matrícula para o próximo curso, antes do trinta do presente mes.

Boa parte do problema existente neste momento en relación co idioma galego baséase precisamente nesta enquisa, entendendo todos os que a combaten que non se pode deixar a decisión sobre o futuro do idioma no ensino na decisións duns pais que xeralmente non senten o problema, non falan o galego, e vanse decidir maioritariamente polo castelán como primeiro idioma no primeiro ano do novo alumno.

Sabemos que as tres décadas longas do galego no ensino non produciron unha xeneración de galego-falantes senón que o castelán recobrou o seu papel, as mocidades falan en castelán, os pais mozos -que estudiaron o galego na escola- falan maioritariamente en castelán, e suponse que van elixir este idioma.

O problema do galego, pois, non estaría esencialmente no ensino, nin nesta enquisa e a súa pregunta. O problema estaría na mentalidade dos que estudiando o galego normativo nos colexios non o trasladaron á vida normal, non o utilizaron nin o estiman, polo que tampouco valorarán a súa utilización polos máis novos.

Parece que o problema non é canto galego, nin cando nin onde. Parece que o problema está en que os menores de corenta anos que estudiaron galego en Galicia aprenderon o idioma, pero non aprenderon a amalo nin entrou nos seus corazóns.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania