Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Imposto ós bancos

jueves, 24 de junio de 2010
Ninguén diría que existe unha planificación na loita contra unha crise brutal como a que sufrimos, e a verdade é que tampouco ninguén o afirma.

Comezamos por non recoñecer oficialmente unha recesión cando aínda o sector da construcción seguía a construir castelos no aire. E de repente atopámonos coa peor situación económica que desde entón non fixo máis que empeorar, sen posibilidade de prever o como e o cando do seu final.

Europa manda e o goberno obedece, como por outro lado é o máis normal xa que formamos parte dunha entidade supranacional que nos proporciona unha moeda única, e un marco laboral e social no que desenvolver a nosa vida.

O Goberno español toma as medidas oportunas, e un par de semanas despois as forzas superiores europeas dinlle que o ano que ven hai que facer un esforzo moito maior exprimindo o que sexa preciso para seguir aforrando e reducir o déficit das contas públicas. O resultado é que xa houbo un intento de plante de funcionarios, hai unha folga convocada para o vintenove de setembro, e poucos espíritus neste país gozan de paz económica.

E agora plantéase a posibilidade dun imposto para que os bancos paguen por uns pecados incógnitos, facilitando fondos para que os gobernos poidan afrontar peripecias futuras, culpando implícitamente a unhas entidades que teñen moito que ver pero de ninguna maneira son os únicos culpables. Que, ademáis, neste momento resulta curioso o planteamento cando dous bancos españois -Santanter e BBVA- teñen demostrado ser dos máis saneados de Europa.

Do que se trata é de sacar fondos de onde sexa; agora dos bancos, que verdadeiramente son as institucións máis directamente beneficiadas pola actividade económica, e das menos colaboradoras por principios fundacionais e busca dos rendementos e seguridade.

Un imposto máis. Preparémonos para ideas imprecisas, precipitadas e recaudadoras. Esto non fixo máis que empezar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania