Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Despois das vacacións

miércoles, 23 de junio de 2010
“Largo me lo fiais”, podería dicirse ós Sindicatos acudindo á expresión clásica, para referirse á convocatoria de folga xeral, verán por medio, que veñen de efectuar para o vintenove de setembro, mércores da semana.

Diante do panorama xeral de preocupación económica e social, que se vaia facer unha folga xeral só preocupa ós políticos directamente afectados por se a intención ou os posibles resultados fan tambalear os seus asentos. Pero para todos os denais o tema non di absolutamente nada.

Xa cando se convocou a folga de funcionarios se entendeu que nin era o momento nin o lugar, que a folga non interesaba a case ninguén; ó público en xeral, porque non comprende o problema na súa xusta medida. Ós funcionarios, porque entenden a problemática, aprétanse resignadamente o cinto, e son conscientes de que unha folga non soluciona absolutamente nada. Esta pasada folga só interesou ós sindicatos, para facer saber que seguen a estar aí, coa incidencia que cada quen pode apreciar.

A convocatoria de folga xeral a tres meses vista parece querer poñer tempo por medio. Se agora, en quente, non se entendería, menos se vai comprender a cen días vista, superado o período vacacional, nun setembro que hai que supoñer quente no climatolóxico e no social aínda que no económico se nos anuncie xélido.

Agora, todos nos imos ir de vacacións. Aí nolas dean todas. Á volta, falamos, discutimos ou folgamos.

Dentro dos arcanos que estes tempos nos presentan, entre os que se atopa o papel das organizacións que interveñen nos macroproblemas sociais, están as razóns e o previsible resultado dunha folga xeral a máis de tres meses vista nun tempo tan cambiante como os acontecementos meteorolóxicos.

Haberá folga… pero despois das vacacións do verán, dereito inalienable que imos aproveitar con fruición.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES