Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo gratis

martes, 22 de junio de 2010
Coidan algúns políticos que gobernan os caudales públicos que todo o que administran é un maná, e que a súa distribución graciosa é como a do labrego que distribúe a semente no campo, cargando a man onde lle parece oportuno, sementando a finca que mellor lle acomoda, e no momento en que mellor acae para obter unha boa colleita.

Deixémonos de eufemismos: Coidan algúns políticos que cos caudais que o Estado pon ó seu dispor para que os administre poden facer a súa santa (ou non) vontade, sen ter que dar conta a ninguén, especialmente ós administrados.

Cando, en realidade, os caudais que manexan proceden de todos nós, obtidos co suor da nosa fronte, pagados relixiosamente euro a euro, para entrar nunha arca común onde os criterios políticos deciden onde van parar os diñeiros que xa son públicos para que renten máis en beneficio da sociedade.

A esta lección de economía primaria demostra o Ministro José Blanco non ter chegado estudiando, cando declara que hai que cambiar a cultura actual do “todo gratis” na financiación das obras públicas e chegar a que os usuarios contribúan á financiación das infraestructuras que utilicen.

Parece mentira nun Ministro que estimamos espabilado que entenda que os usuarios recibimos gratis as infraestructuras, cando estas se financian cos presupostos xerais do Estado ós que todos contribuímos na medida dos nosos ingresos e a medida tamén da eficiencia dos correspondentes servizos do Ministerio de Hacienda.

Serían gratis se as pagara Europa, que pasa por ser o maior pagano da actualidade (aínda que tamén Europa somos todos nós) e a época das vacas ben mantidas parece ter rematado. Serían gratis se alguén foráneo lle dese o diñeiro ó Ministro para quedar ben facendo obras que pasasen ós anais da historia.

Pero, de gratis, nada. Seguro que o Ministro, a estas alturas, xa se deu conta do grave erro, e sabe -como sabemos todos- que o o que pode parecer gratis está pagado ó céntimo por todos e cada un de nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania