Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dereito a votar

lunes, 21 de junio de 2010
Desde hai pouco máis de trinta anos, neste país afixémonos a votar, sabendo que do voto colectivo depende non só a elección das persoas e das ideas que nos van gobernar nun determinado período e nunha determinada área, senón que ese mesmo voto -nunha época na que todo está en discusión- pode ser decisivo para determinadas cuestións que nunca pensaríamos estaban suxeitas á programación dun determinado goberno.

Os políticos que nós eliximos decidirán sobre o seu reximen de emolumentos e condicións xerais de funcionamento, farán plans xerais e construirán infraestructuras, aumentarán ou conxelarán pensións, serán conselleiros de televisións públicas ou de caixas de aforro, entrarán en guerra ou farán a paz, todo no exercizo dun cargo que unha vez asumido só responderá diante da lei e dos votantes (despois do prazo establecido).

Non só votamos os residentes no territorio continental, senón que cos mesmos dereitos viñeron actuando os galegos da emigración, que residan parte do ano nesta xeografía ou non viñeran no que vai de século. Os galegos da diáspora, e fillos e netos, votan con iguais dereitos, aínda que con menos controis, que se anda a discutir se os censos están ben purgados ou poden votar os mortos recentes, e se se vota en furna ou por sistemas máis primitivos en países con menos control legal que aquí.

Nos últimos anos medrou a tendencia a restrinxir ós galegos de fóra a súa participación en eleccións, decisivas para o noso goberno, para as que os votantes do exterior carecen de coñecemento da situación, ou se dubida do sentemento e responsabilidade dos galegos de lonxe sobre os asuntos que as institucións teñen que decidir.

E os votantes do exterior, conscientes de que o voto os vincula permanente co país, teñen protestado da intención de recortar os seus dereitos. E dentro, foi medrando a idea de que non é lóxico que sexan os votos do exterior os que decidan sobre a gobernabilidade dun concello ou calquera outra circunscrición electoral.

Nesas estabamos cando no Congreso xurdiu o acordo dos principais partidos, para que só os emigrantes que manteñan vencello directo coa terra, anotados no padrón municipal, teñan dereito a voto, e se vote en furna tamén no exterior.
Considerado o tema friamente, parece lóxico. Sentará mal nos ambientes da emigración, e moito dará que falar, pero votar de lonxe era problemático e máis aínda o seu control. Ainda que pareza difícil, neste tema puxéronse de acordo PSOE, PP, Ciu e Pnv. A todos preocupaba o difícil voto da emigración que tantos traballos lles daba controlar e conseguir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES