Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rivas Fontán

martes, 23 de marzo de 2004
Rivas Fontán é un histórico. E, como tal, a súa voz ten un tono especial, e soa moito máis lonxe.

Foi o primeiro alcalde democrático de Pontevedra hai xa ben anos. Lembro que profesionalmente era mestre. Foi un alcalde de fonda incidencia popular, daqueles que marcaron un tempo e un talante cando a democracia municipal estaba afianzándose.

Logo foi deputado en Cortes por UCD e polo PP. Tantos anos despois segue en política, é concelleiro en Pontevedra, pero non conseguiu ser presidente da deputación provincial pontevedresa, e “caiu” da lista das pasadas eleccións xerais.

Agora ven de lanzar unha andanada contra a cúpula do seu propio partido polos resultados colleitados nas xerais, sendo desautorizado pola súa compañeira Teresa Pedrosa no mesmo día.

Non digo como Rivas Fontán que ninguén determinado teña que irse para a casa polo acontecido no 14 M, pero a situación e todo o que a ela conduciu merece un profundo estudio por parte de tódolos partidos e especialmente do Partido Popular.

Todo o que se retrase ese estudio e toma de conciencia en relación coa situación na casa política de cada quen, redundará en perxuicio futuro. E faltan só 18 meses para as eleccións autonómicas.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES