Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Éxito na presentación da misa 'Sacramentum Caritatis'

martes, 15 de junio de 2010
Dentro das grandes solemnidades da Ofrenda de Galiza ao Santísimo Sacramento, que se celebraron onte en Lugo, subliñamos a excelente e maxistral interpretación na estrea da misa en galego, a catro voces mixtas, titulada “Sacramentum Caritatis” da que é o seu autor o organista actual da seo lucense, o cóengo M.I. Sr. D. José Molejón Rañón.
 
Non sempre se celebra un acontecemento tan especial e gozoso. Van máis de tres séculos de vivencia desta tradición que ven desde o ano 1669. En 341 anos de existencia da Ofrenda, foron ducias as misas que soaron no “coro alto” da catedral lucense. No seu arquivo musical abondan ducias de misas que dan fe da variedade e riqueza das que se teñen interpretado durante séculos. Case todos os mestres de capela e organistas que pasaron por aquí deixaron a súa pegada musical.. De especial recordo subliñamos as do lucense Xoán Montes, do levantino García Julbe, do abulense D. Juan Antonio Moreno Fuentes e do tamén galego e lucense D. Xosé Castiñeira Pardo, de grata memoria.
 
D. José Molejón Rañón, que se fixo músico na propia catedral empezando de “Neno de Coro” no ano 1944 e despois no Seminario de Lugo tiña verdadeiros desexos de pórse a crear unha nova misa, especialmente dedicada á Eucaristía, para ser interpretada e estreada nunha das solemnidades da Ofrenda de Galiza a Xesús Sacramentado. E chegou ese momento este ano. O día da Ofrenda de Galiza do ano xacobeo 2010 que quedará como feliz recordo na súa vida.
 
Púxose á obra hai tempo (El afirma que lle levou oito meses, pero eu sei que leva algún tempo máis. Polo menos, no seu maxín) Débese á súa valentía, firmeza e constancia. Non só a creou e compuxo senón que tamén lle buscou un título axeitado e mesmo os intérpretes preferidos. O título deullo xa ben elaborado o papa actual, Bieito XVI, coa Exhortación Apostólica “Sacramentum Caritatis” dedicada á Eucaristía. E os intérpretes tamén os tivo da súa man e falou con eles, á súa maneira, hai tamén bastante tempo. Escolleu para a súa presentación oficial os coros “Orfeón Lucense” (titular da catedral desde os tempos do mestre Castiñeira) e o “Conxunto Vocal Lug”, ámbolos dous da cidade de Lugo, dirixidos, na actualidade, por D. Xesús Mato e D. Fernando G. Jácome, respectivamente. Estiveron esplendidamente arroupados pola Banda Municipal de Lugo que dirixe o mestre Rosendo Ivorra Jover, tamén responsable dos arranxos e adaptación do acompañamento para banda. (Orixinalmente, a misa está escrita para órgano)
 
A misa está baseada e foi estruturada para favorecer a participación con bastantes frases “a unísono” coa idea de que tamén o pobo sexa quen de cantar co coro e/ou alternando. Ten aires de corte clásico con notables reminiscencias dos mestres D. José Castiñeira e Lorenzo Perossi. Abondan cambios imprevisibles, non só utilizando a combinación dos tons maiores e menores, senón tamén acadando expresións efectistas e fortes contrastes nas frases finais do Gloria e o Santo. A misa está enriquecida cos cantos sinxelo de entrada, salmo, aleluia e comuñón.  Para facilitar sexan cantados pola asemblea de fieis.
 
A presentación constituíu un rotundo éxito, polo que felicitamos ao autor, directores dos  coros e ao director e músicos da banda do concello de Lugo. Felicidades e parabéns para todos e todas!!
 
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania