Salóns de actos da Xunta
X.X. - lunes, 22 de marzo de 2004
Na prensa do 22 de marzo observo un anuncio da Xunta de Galicia, que convoca para un acto no Salón de actos grande da Consellería de Presidencia.
E eso lémbrame que, efectivamente, no argot administrativo da Xunta fálase do Salón de actos grande e Salón de actos pequeño da Sede de San Caetano.
Esto, a efectos de andar pola casa, pode valer. Para que os ordenanzas se aclaren onde teñen que levar as augas minerais, e para que o órgano correspondente dispoña os servicios de limpeza.
Pero para convocatorias públicas deberá haber outra referencia. E xa que tan dada é a Administración a asignar nomes ás máis diversas cousas sexa para Fundacións ou Casas, Rúas ou Salas de Arte, asígnense a estes salóns cadanseu nome para mellor entendernos. Pode valer Fraguas ou Rosalía, Paz Andrade ou Dieste, Pardo Bazán ou Martínez Risco... Ningún desentonaría nin tería connotacións extrañas.
O de grande ou pequeno seguiría funcionando de xeito coloquial para andar pola casa. Pero hacia fora quedaría bastante mellor (¡se hasta os establecementos hosteleiros nomean de xeito pomposo os seus comedores!) os salóns con nome propio.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora