Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

75 anos de cine sonoro

lunes, 14 de junio de 2010
O xornal El Progreso, do 4 de xaneiro de 1935, daba noticia de que o industrial focego Jesús Cageao, “Papaíto”, “acaba de inaugurar el primer cine sonoro; las primeras sesiones -decía- resultaron un éxito de taquilla” En 1895 os irmáns Lumier presentaran en París o sorprendente descubremento do cine, mudo por suposto, que chegaba a Galicia en 1910 (hai cen anos) e o primeiro aparato, que espertou a lóxica expectación, puido contemplarse en Vigo, no estudo do fotógrafo José Gil, a onde acudiron personalidades da época, entre elas don Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro e don Eugenio Carré Aldao, á sazón Presidente e Secretario da Real Academia Galega, respectivamente. Pasados poucos anos, Cageao proxectaba películas mudas nun salón (La Sociedad) que a un tempo servía para as sesións de baile: rematadas aquélas retirábanse as sillas e un organillo lanzaba ó aire os sons de pasodobles, valses, mazurcas e rigodóns que eran os ritmos que entón facían furor entre a xuventude dos “felices anos vinte”. As películas mudas eran, moitas veces, ilustradas musicalmente por un pianista ou outro instrumentista, presente na sala, ata a chegada do sonoro, co que a música pasou a formar parte importante na montaxe do cinema, e grandes compositores dedicaron, e dedican, os seus afáns a crear moi fermosas melodías que perduran ó longo dos tempos. Sería en 1935 (hai xustamente 75 anos) cando o dinámico comerciante focense instala o cine sonoro. É nesa época cando “Papaíto” construe un singular edificio na Avda. da Mariña (que hoxe, parcialmente, ocupa o Banco de Santander), sede do histórico Cine Cageao, e en 1962 inaugúrase, pretiño deste, o magnífico sucesor daquél, que anos mais tarde pasaría a propiedade dos irmáns Pequenete. Pero a historia da proxección cinematográfica en Foz víuse interrumpida. A irreverente voracidade inmobiliaria engulíu a que era magnífica sala de cine, sen visos de relevo, e os focegos non podemos conmemorar as vodas de pratino do cine sonoro na nosa vila: non temos con qué. Unha mágoa.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES