Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cuestionar todo

viernes, 18 de junio de 2010
Parece lóxico pensar que as institucións como as persoas seguen na súa traxectoria, no seu traballo, unha determinada planificación de xeito que se vaian cumprinto paulatinamente os seus obxectivos, cubrindo etapas e superando as dificultades que se presenten.

Nesta sociedade que nos envolve, sen embargo, non se observa precisamente unha progresión axeitada, unha evolución controlada de xeito que se garanta un progreso e se chegue a unha situación de tranquilidade e progreso.

E sen embargo cada día ponse un novo tema en cuestión, debatindo sobre todo, contra todos, desestabilizando o que se consideraba establecido, abrindo un novo frente de debate e de loita de xeito que nada está firme baixo os nosos pes. Nin sobre as nosas cabezas.

O último, polo de agora, é o das deputacións provinciais, postas en solfa por dous grupos políticos que contribúen á súa gobernación; dunha banda os do PSOE e douta os do Bng.

Posiblemente o das deputacións provinciais é un tema que ó non solucionarse cando se estableceu a autonomía, agora é imposible de solventar polo procedemento de borralas do mapa.

Se o poder autonómico convivíu co provincial os últimos trinta anos, teñamos a convivencia en paz e coa que está caendo non abramos outro punto de conflicto a menos que se pretenda que signifique unha importante aportación a reducción da administración e aforro económico.

O Vicepresidente Chaves xa se declarou en contra da desaparición das isntitucións provinciais. Como non podía ser menos, o alcalde de Vigo, Caballero, abogou pola súa supresión.

E todos os demais pensando en que xa está ben de falar, de debatir, de arremeter contra todo e contra todos. Fainos falla tranquilidad, alomenos en todo o que non é sustancial para poder dedicarnos ó verdadeiramente importante.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania