Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Oportunidades

miércoles, 16 de junio de 2010
Sempre foi ganancia de pescadores o tempo en que os ríos baixaban revoltos. Sempre. E seguen a selo, agora que os ríos que nos levan se desbordan, énchense de escuridade, e levan consigo facendas que son vidas de xentes que non calibraron ben as súas posibilidades, ou nin siquiera tiveron oportunidade de calibrar.
En tempos difíciles, suponse que é momento perfecto para os arriscados, investidores, soñadores e visionarios. Tamén para os oportunistas que atopan oportunidades onde outros só teñen miseria.
Comparando coa situación de hai dous ou tres anos, seguro que é o momento axeitado para mercar unha vivenda se nos atemos ó importe a desembolsar. Claro que as condicións que bancos e entidades de aforro aplican nada teñen que ver coas anteriores. Pero é que as oportunidades son, precisamente, para os que agora mesmo non necesitan unha vivenda e teñen disposición económica inmediata, diñeiro aforrado que xa se sabe que chama por máis diñeiro.
Bancos e Caixas de Aforro foron xenerosos na concesión de cretos, e agora posúen numerosas vivendas coas que non saben que facer. E así Caixanova e Caixa Galicia ofrecen esas vivendas cun desconto do 30% por cento do seu precio de tasación. A mesma porcentaxe rexe no País Vasco ou Asturias, pero sube ó 50% en Andalucía, e ó 70% nas co sur e Levante.
Son tempos nos que os investimentos gravosos como estas vivendas e locais comerciais productos de embargos son rémoras moi importantes para estas entidades e precisan obter efectivo urxentemente para que o problema non se complique.
Hai gran cantidade de oportunidades, pero escasean os oportunistas e non existen (porque a realidade non o permite) clientes normais que poidan aproveitalas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania