Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Asuntos internos

martes, 15 de junio de 2010
Quen presta función pública de atención, debe ter un especial cuidado no trato co público que acode a calquera dependencia oficial en demanda de atención, información e solución ós problemas que lles afectan.

Gran parte da mala imaxe do funcionariado nace, precisamente, do talante demostrado nalgunhas dependencias, non xa polo trato -que ten mellorado moitísimo nos últimos anos- senón polas fendas interiores que o público detecta, ó escoitar conversacións de temas privados, insustanciais, referidos a calquera tema trascendente ou non no ámbito persoal, pero que nunca deberan expresarse en público.

En ámbitos profundamente sensibles como o da sanidade, onde tantos avances se teñen dado, é onde os comentarios privados sonan máis extraños ou impropios xa que quen padece dor -ou sintoniza con quen o padece- nunca entenderá que ó seu lado cobren protagonismo temas ou comentarios triviais, insustanciais.

¡Que difícil nos resulta esquecer os “asuntos propios” (hai unha licencia regulada para funcionarios con esta denominación) cando os asuntos públicos deben primar sobre calquera outra cuestión!. E que pouca importancia dan as administracións públicas á atención pública directa, cando quen se decida á atención directa ó administrado debía ser o mellor funcionario da dotación, o de maiores coñecementos, o de máis clara disposición.

O camiño recorrido pola administración en Galicia nos últimos tempos en canto á atención ó público foi espectacular. Pero aínda quedan treitos por recorrer, idioma que asumir, temas que esquecer.

Tamén é certo: Hai magníficos funcionarios atendendo ó público, escrupulosos, amables, galego falantes cando cómpre. Pero ás veces as minorías fan esquecer o traballo calado de maiorías esforzadas que merecen toda a nosa consideración.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES