Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O club da Calceta

miércoles, 09 de junio de 2010
O club da Calceta Un dos agasallos que recordo con máis nitidez ter recibido polos reises foi unha estupenda maquiniña de facer calceta, a “Tricotosa”, como así a lembrarán moitas nenas da miña quinta (o fin e o remate daquela inda non se levaba o tema do xoguete unisex), con ela tecía trapiños de colores -a máquina a pesar das excelencias coas que nos convencía a publicidade non daba para moito máis- pero prestaba tanto ver como cada liña de cor se xuntaba coa inmediatamente anterior a modo de cálido arco da vella que xa non podiamos pensar noutra cousa que nas decenas de minibufandiñas que locerían as nosas bonecas… dende entón, asociada á lá de cores e ós trapiños cos remates espeluxados, quedou illado no meu maxín con sensación de antigüidade o verbo “calcetar”, unha acción que non sei ben por que se reserva dende hai xa tempo ás mans das mulleres máis maiores, as que peinan canas, e recordos, e agarimos e unha chea de sabidorías de valor incalculable que o tempo reserva so para elas. Coa súa obra O Club da calceta, a escritora viguesa María Reimóndez, ademáis de gañar o XIII Premio Arcebispo Iván de San Clemente, retoma este tópico para facer del un inicio de camiño, da man de Elvira, unha calcetadora nata. Así, a obra, coma se de un xersei se tratase, mata dous puntos no medio, da volta do revés, mata dous á ida, da volta do dereito, mata dous á volta, así ata entretecer a nova vida de seis mulleres de xeracións e sustratos ben distintos pero unidas por un espacio común, rodeadas de lá e cestos cheos de agullas.
Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda acadan un lugar de seu para recuperar a figura da tía Davinia, un ejemplo de muller loitadora e soterrada como moitas que o foron no seu tempo, aproveitan o pouco que saben dela para sacar á luz a loitadora que todas levan dentro.
O club da calceta é un club no que da ganas de entrar sempre, para botar unhas risas, para forxar o proxecto que leva hai tempo xa no fondo do cesto, mesturado coas agullas e sobre todo para convertir as mans propias nas dunha muller maior, desas que sempre semellan ser tan sabias.
Corral Soilán, Cristina
Corral Soilán, Cristina


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES