Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esquirol

miércoles, 09 de junio de 2010
Coa que está caendo, convocar unha xornada de folga non parece ter moito sentido, xa que se ben os funcionarios se consideran –nos consideramos, que funcionario son- fondamente agredidos pola Administración, tamén entendemos que hai que apretarse o cinto, sintonizar coas razóns que o Goberno esgrime e acomodarnos a unhas circunstancias que non son boas para case nada.
       
Se os Sindicatos non teñen máis arma ca a folga, aviados estamos. Porque a folga é o último recurso de calquera diálogo, de calquera loita. E se a folga sae ben, ¿van conseguir que o Goberno dea marcha atrás na súa decisión?. E se a folga sae mal, ¿Qué outra acción cabe?. Demasiada alegría nunha convocatoria apresurada que non vai resultar beneficiosa para nada e representará unha volta de tuerca que non ten marcha atrás.

Eu, que non teño vocación de folguista e son un dos milleiros que en tempos históricos se chamaban esquiroles, non fun á folga porque estou escaldado de xornadas coma esta onde non se ventilan máis cuestións que o protagonismo duns sindicatos sempre minoritarios, onde abundan os funcionarios liberados que non son o mellor exemplo para quen sinta a función pública. E eu levo corenta e cinco anos de funcionario, case corenta e seis, añorando o tempo no que non tiñamos sindicatos que nos representaran, e a seriedade dos escalafóns e dos niveis administrativos da por outro lado xustamente denostada dictadura do xeneral Franco.

Quero dicir por se alguén non me entendeu claramente que na oprobiosa que rematou a finais dos anos setenta, non había liberdades nin democracia, nin se podía votar, pero pasadas as coladeiras da máis cruda postguerra, e falo dos anos sesenta e setenta, para ser funcionario había que superar unha oposición, e ter a titulación correspondente. E o que tiña certificado de estudios primarios podía aspirar a ser ordenanza, o bachiller elemental, auxiliar; o bachiller superior ou mestre, administrativo; e o que tiña título superior, técnico.

Os técnicos de Administración Civil eran profesionais coma a copa dun pino, e proba é que deles saíron directores xerais, conselleiros, secretarios xerais para as entidades autonómicas.

E coa democracia veu a deturpación dunha administración devaluada, onde fan das súas os sindicatos, onde se integraron todos os corpos que non se sabía que facer con eles, onde cada grupo gobernante aplica as súas artes, politizando os cargos ata os límites máis básicos.        

Estes sindicatos que na administración pintan máis ben pouco porque os funcionarios somos -e dígoo en plural, como conxunto- somos máis ben conservadores e aínda nos faltan moitos anos para ter conciencia de clase e sentirnos globamente representados por estas agrupacións, que na Administración están a velas vir.
Como agora as ven vir mal dadas, organizan folga. Pois parece que non.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania