Contra os ricos
Editorial - viernes, 11 de junio de 2010
O concepto millonario prácticamente desapareceu da nosa fala coloquial, cando antes valía para distinguir entre persoas adiñeiradas e modestas. Tamén é verdade que o que antes era un millón de pesetas, entre a devaluación daquela moeda e agora a súa conversión en euros, deixou en nada o concepto que tanto valía para o propietario dun millón en metálico ou propiedades, como para o que posuía moitos millóns.
O goberno prepara unha acción que se supón importante contra os que se denomina ricos, sen matización, para calificar ás persoas que veñen a obter anualmente rendas que superan os 100.000 , elevando sustancialmente a porcentaxe que dos seus rendementos económicos teñen que aportar á economía común.
A operación vai tanto na percura de rendementos económicos pola elevación dos tipos a aplicar como na suposta exemplaridade que vai supoñer que quen máis ten máis pague, ou que quen se demostre que máis ten, teña que pagar máis.
Polo que a Galicia se refire, sábese que hai arredor de cento cincuenta contribuíntes que ingresan cada ano máis dun millón de euros, pero cífrase en algo máis de vinte mil a cifra dos galegos que polo volumen dos seus ingresos pasarían a pagar o 55% en lugar do 43% que están pagando na actualidade, sendo Galicia unha das autonomías máis modestas en canto a ricos ou persoas que declaran ingresos millonarios -en euros- cada ano.
Entre a batería de medidas que o goberno está establecendo, esta é quizais a máis ostensible e vistosa, e que está sendo utilizada non só para crear ambiente favorable á súa introducción senon tamén como elemento de demostración da política social de progreso que se está a aplicar.
Se atendemos ás mensaxes, a acción vai contra os ricos. Habería que matizar, e aplicar as forzas contra os ricos que teñen inactivos os seus potenciais económicos, e tratar axeitadamente ós que arriscan os seus bens creando riqueza obtendo por ese risco o correspondente beneficio. Pero así xa non sería tan supostamente aleccionadora esta acción sicolóxica e económica que anuncia que esto non vai quedar así.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora