Pepe Blanco
X.X. - miércoles, 17 de marzo de 2004
Hai anos, a este nome respondía un cantante hispano de magnífica voz, seguido por millóns de devotos. Hoxe, toda España sabe que Pepe Blanco é un cociñeiro-bruxo que tivo moito que ver en que brillara por primeira vez a figura política de Rodríguez Zapatero e agora que contra todo pronóstico- vaia se-lo próximo presidente do goberno español.
Non sei ben por qué, pero no mundo político lucense e galego non se valora a Blanco, e os nomes que se lle asignan van desde Blanquito a Pepiño, en diminutivos despectivos que non afectivos.
¿Envidia pola traxectoria meteórica do político de Palas? ¿Ou é que por cercanía brillan máis os defectos coñecidos que as virtudes?.
A envidia é máis propia dos propios correlixionarios que, postos a linchar a alguén, son os peores. En calquera grupo político.
Quen non conseguíu a Alcaldía de Palas pode ser ministro do goberno de España. E os que o ningunean, a sufrir.
Pero non é o de Pepe Blanco o único caso de triunfo a pesar de.... Antes foi o de Orozco, Alcalde de Lugo por maioría absoluta, protagonista do suposto efecto Orozco, que en tempos pertenceu a un sector do Psoe lucense minoritario e arredado, de xeito que a súa chegada á candidatura á alcaldía pareceuse bastante ó guión de Presidente por accidente.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora