Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ramón Reimunde

lunes, 07 de junio de 2010
Días pasados presentouse no IES de Foz, o libro “Cautiverio de Fingoi”, ensaio referido ás vivencias luguesas do intelectual Ricardo Carballo Calero, que residiu nesta cidade entre os anos 1950/65, onde foi director do Colexio Fingoi, institución promovida polo empresario e mecenas Antonio Fernández, Antón de Marcos. O ensaio de Ramón Reimunde, autor do libro, non se limita ó análise do ensinante Calero e ó seu labor nun centro novedoso e progresista para aqueles tempos – e aínda para os de hoxe -, senon que atinxe á complexa personalidade do mestre ferrolán: a súa ideoloxía política, galeguista; os avatares que tal militancia lle acarrearon, a represión; o voluntario illamento (daí o título do libro) para sobrevivir a circunstancias tan adversas e irracionais; o temperamento e actitude do profesor á vella usanza no referido ó orde, a disciplina e o respecto na relación ensinante-alumno, etc.; é decir, dunha convivencia no ámbito da ensinanza tan distinta á de hoxendía. Ou sexa, a experiencia vital do período lugués do ilustre lingüista, investigador e escritor, que deixou obras como “Historia de Literatura Galega Contemporánea”, “A gente da Barreira”, “Scorpio”, etc. Descrebe o autor o ambiente cultural da cidade na que as tertulias literarias a cotío xuntaban ós intelectuais, nunha actitude semi clandestina; nomes para a historia da cultura luguesa: Fernández de la Vega, Anxel Xoán, Luis Pimentel, Anxel Fole, Manuel María, Novoneira, Ramón Piñeiro, Tino Grandío etc. E a marcha a Santiago para desempeñar a súa cátedra. O autor do ensaio amosa a súa incomprensión ó feito de que a R.A.G. non teña dedicado un Día das Letras Galegas ó insigne lingüista; acaso non sexa alleo ó mesmo se-lo abandeirado do reintegracionismo…Ramón Reimunde despide a vida laboral; xubílase. Esta presentación é todo un broche de ouro a unha vida dedicada á ensinanza, precisamente da lingüa e a literatura. En plenitude física e intelectual, seguiremos a disfrutar do seu labor de estudoso da nosa cultura e da súa producción literaria. E un apunte para a intrahistoria da nosa tribo: temos para nós que él é o primeiro focego que se xubila dende o “estatus” de catedrático. Parabéns.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES