Marcos Cela
X.X. - martes, 16 de marzo de 2004
Os acontecementos, tráxicos uns, emocionados e multitudinarios outros, políticos os demáis, fixeron que non lle prestásemos axeitada atención á desaparición dun home que merece ser lembrado e respondía ó nome de Marcos Cela.
Marcos era un pai de familia lucense, bo home, conversador, pacífico, traballador, militante do Bloque Nacionalista Galego, que aplicaba os seus fervores e os seus anceios no seu traballo como concelleiro de Lugo.
O seu repentino pasamento, que encheu de loito á súa familia, encheu de tristura a todolos que o coñecemos.
O seu pasamento conseguiu que o concello lucense se fixese dunha sóa cor: Da cor dun home chamado Marcos que, por riba de todo, era unha excelente persoa.
O día en que os nosos políticos saiban portarse diante das cousas da vida como diante das cousas da morte xa dixen que Marcos era moi especial, e especiais foron as reaccións os nosos concellos serán algo moito máis grande, a política unha arte moito máis noble, e o de político un oficio moito máis respectado.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora