Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Planeta Terra', Divulgación medioambiental para todos

viernes, 04 de junio de 2010
A Coruña acolle o proxecto medioambiental “Planeta Terra” no centro comercial “Espacio Coruña”, que ofrece ata o 12 de xuño, gratuitamente, esta iniciativa de carácter divulgativo para toda a familia, formada por diferentes exposicións e actividades, que encherán todo o centro comercial. Unha iniciativa moi traballada e profesional que só estará en cinco cidades españolas e que se desenvolve coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, o 5 de xuño.

Vivimos un momento de especial sensibilidade cara aos temas medioambientais, no que resulta de vital importancia tomar conciencia dos efectos que está a causar a actitude do home e o cambio climático sobre o planeta, por este motivo “Espacio Coruña” toma a iniciativa e quere informar e sensibilizar a todos os seus visitantes sobre a importancia do coidado e o respecto que debemos ter co medio ambiente.

O proxecto medioambiental “Planeta Terra” visitará no 2010 as cidades de Girona, A Coruña, Madrid, Cartaxena e León. Tendo en conta experiencias anteriores a organización estima que o evento será visto, tan só na súa etapa da Coruña, por 250.000 persoas e que uns 2.000 nenos participarán nos seus xogos e obradoiros. No final do ano e tras percorrer as 5 cidades, o evento terá sido visto por 1.500.000 persoas e máis de 10.000 nenos terán participado, xogado e aprendido coas súas actividades. Unha cantidade nada despreciable.

O obxectivo é claro: lograr unha concienciación nos nenos e adultos e un comportamento respectuoso cara ao noso contorno, de xeito que se desenvolva unha actitude activa e máis positiva cara ao medio ambiente, a ecoloxía e o aforro enerxético.
Trátase de que os nenos, adultos do mañá, se sintan partícipes de xeito activo dunhas accións ou comportamentos máis responsables, no que se ten chamado “a ecoloxía do día a día”. Se todos mudamos unhas, aparentemente pequenas, pautas conseguiremos un cambio substancial no estado xeral do planeta. Ánimo!

Ademais de impresionantes fotografías ou paneis didácticos, os visitantes poderán ver algo tan curioso coma un coche reciclado, compactado en forma de cubo e que pesa 800 quilos; elementos asociados ás enerxías renovables, coma un forno solar ou un aeroxerador; ou obxectos sorprendentes, coma un tramo do carril do AVE fabricado con aceiro obtido a partir de latas recicladas.

Cómpre tomar nota: por cada tonelada de papel reciclado que empregamos se aforran 13 árbores, 50.000 litros de auga e 3 barrís de petróleo; que cada un de nós produce uns 300 quilos de lixo/ano; que un retrete que perde auga malgasta 17.000 litros en 6 meses; que o 90% da enerxía que consomen as lavadoras é para quentar a auga e que se reduces a temperatura de lavado de 60º a 30º o gasto enerxético baixa á metade; que usar unha bolsa reutilizable cada vez que vas á compra aforra uns 8 quilos de CO2 ao ano, equivalente a 4.000 horas usando o teu portátil; que baixando a calefacción só 1°C podes reducir a túa factura entre un 5 e un 10% e evitar ata 300 quilos de emisións de CO2 por fogar e ano, equivalente a 20.000 quilómetros en tren; que unha lámpada de baixo consumo de 20 W evita, ao longo da súa vida útil, a emisión á atmosfera de case media tonelada de C02, un aforro de enerxía de 640 KW e de 72 € na factura eléctrica...
Mínguez, Alejandro
Mínguez, Alejandro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES