Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non contentan a ninguén

jueves, 03 de junio de 2010
O pasado luns estiven en Santiago. Foi un extraordinario día de sol e as rúas estaban ateigadas de xente. Queremos Galego convocou en Compostela a milleiros de persoas de toda idade e condición. Mentres tanto o presidente afirmaba, nun acto organizado pola RAG no Courel, que se comprometía a facer un gran pacto pola lingua e que “o galego sobrevivirá sempre que todos os galegos queiran que sobreviva”. Non estou dacordo: o galego debe ser un idioma vivo e útil para a vida diaria, mesmo se dita unanimidade non se dera.

Nestes días, respondendo á demanda dunha amiga, participei como xurado no certame literario dun colexio de Santiago. Pasei dúas tardes lendo relatos escritos en galego por rapaces de oito a dezasete anos. Aprendín moito. Hai nenos que posúen unha imaxinación desbordante. Pero tamén me decatei de que a maioría non utiliza o galego e que elaboran os textos facendo traducción simultánea. O castelán non corre perigo pero o galego sí, de non conseguir que o utilicen os rapaces no patio do colexio.

Sen facer caso do clamor das rúas, a Xunta de Galicia aprobou, días despois, o polémico decreto do plurilingüismo. No mesmo non se establece o dereito e elexir o idioma no que os escolares estudarán cada asignatura (promesa electoral do PP), pero remiten a unha futura Lei de Convivencia Educativa que regule como facer esta e outras consultas.

Non contentan a ninguén; tanto é así que unha organización amiga fala da “baixeza moral” do presidente a quen tilda de mentireiro. Tantas viravoltas teñen difícil explicación. Esta teima lingüicida, este impulso temerario para cometer un suicidio colectivo (eso sería matar a lingua con premeditación) non se entende. Chego a pensar, cando teño o día paranoico, se non será unha inmensa maniobra de distracción para ternos a todos ocupados e preocupados con este tema mentras, á caladiña, están a montar negocios co diñeiro público, que é o que realmante importa a esta dereita neocom que nos goberna.

Na sanidade, que é o territorio que mellor coñezo, están dando pasos de xigante, seguindo os esquemas aplicados en Madrid e Valencia (ambas comunidades ao borde da quebra sanitaria), para fomentar negocios privados á conta dos orzamentos públicos: os proxectos de xerencia integrada e do hospital de Vigo van nesa dirección. Tamén na Coruña houbo un alcalde que estivo moitos anos xogando co “L”.
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES