Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Europa dos Mercadores

miércoles, 02 de junio de 2010
Está moi claro que Zapatero pregouse aos que realmente mandan e gobernan, o FMI, a OCDE, a EU e o BCE e para os que peinamos canas progresistas isto é unha traizón á maioría do pobo.

O FMI sempre levou o mesmo credo sexa cal sexa as circunstancias: recortes, privatizacións, liberalizacións de servizos, desregulación financeira, liberdade de movemento para os capitais , apertura das portas a capital estranxeiro.....Sempre as mesmas receitas, aspirinas contra o cancro. O que non di é a verdade sobre o noso país, oculta realmente os efectos que esa política que propón nos leva ao desastre. Oculta que a banca é a que realmente quebrou e provocaron esta crise, dándolles premios que irá entregando progresivamente como son as caixas de aforros e outras recompensas.

¿Por qué diaños non sae Zapatero a explicarnos o que de verdade pasa?. Que diga que esta Europa está gobernada por unha caterva de mercadores na sombra. Unha Europa insolidaria. En definitiva unha Europa de negociantes representados por eses organismos que anteriormente citei. Que se deixe do “politicamente correcto” e fale sinxelamente aos cidadáns tomando as medidas oportunas como pobo soberano. Quizais desta maneira aínda pode salvar os móbeis.

Temos que lembrar aquel desastre económico en Arxentina no 2001, onde o presidente arxentino Kirchner, rebelouse contra ese FMI aplicando outra política económica distinta. Desde aquela Arxentina non parou de medrar.

O “Premio Nobel” Joseph Stiglitz comentou fai uns día en “Le Monde” o seguinte: “La austeridade nos lleva al desastre”. Aquí é a onde nos quere levar eses“fundamentalistas do libre mercado” do FMI.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES