Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Novos emigrantes

jueves, 03 de junio de 2010
Non é novo para Galicia participar de xeito activo nas correntes migratorias, sempre cara ó exterior, sempre aportando man de obra para zonas emerxentes onde o traballo abundaba.

E tamén houbo un tempo, que coidamos non rematado, en que chegaban xentes doutras terras na percura dun lugar onde vivir e traballar.

Pois seguimos a ser protagonistas da emigración –agora da man da malfadada crise- e o pasado 2009 contemplou como once mil cen galegos foron traballar ó extranxeiro.

A cifra obtense da diferencia entre os galegos residentes no exterior no ano 2008 e a reflictida en 2009, cabendo todo tipo de interpretacións en relación coas motivacións dos que deciden emigrar para mellorar de condicións de vida, como cabe tamén todo tipo de interpretacións e razonamentos de que os emigrantes de agora circulan nun marco sociopolítico ben diferente do de outrora, que a formación que posúen os capacita para traballos máis elevados, e que non van sufrir os atrancos e problemas dos emigrantes de hai trinta, cincuenta ou cen anos. Pero ó fin son emigrantes.

Que agora a opción de traballar no exterior sexa máis voluntaria que na emigración tradicional, non quita dramatismo ó fenómeno, por moito que se mellore económicamente.

Acudir a traballar fóra da casa, da comunidade á que un pertence, significa aplicar a forza e iniciativa persoal en beneficio doutra sociedade que arrisca, inviste, evoluciona. É crear riqueza fóra da casa. É un atranco, aínda que teña como faceta favorable a de solucionar problemas persoais, e dar saída laboral a un traballador.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES