Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Invasión

martes, 01 de junio de 2010
Se cando os galegos rezabamos “a furore normandorum, liberanos domine” chegasen a Galicia tantos foráneos como os que hoxe nos visitan, o noso país sería só unha lembranza.

Porque só contemplando o paso dos peregrinos polos Camiños de Santiago, especialmente polo Camiño Francés, se comprende a importancia que as peregrinacións tiveron en tempos na súa dimensión relixiosa, e na actualidade na súa globalidade como unha mestura de fe, turismo e superación física.

Agora que o tempo parece millorar como corresponde ó que esixe o calendario, son centos, milleiros, os que cada día cos seus báculos, mochilas e impermeables soben as difíciles costas da entrada a Galicia pola montaña oriental do país, e camiñan a Compostela cun entusiasmo digno da súa causa, que ven representar autorrealización, superación de probas físicas ben importantes, coa conseguinte satisfacción de superar todas as barreiras para chegar a Compostela.

O mesmo entusiasmo demostran os peregrinos “interiores” que acoden ós numerosos santuarios deste país, nunha efervescencia festeiro-devocional que se non move montañas si obriga a desplazar a milleiros de presumibles devotos para invadir recintos e comarcas onde existen santuarios tradicionais que cada ano ven incrementada a fe e as visitas.

Non coidamos que a crise teña nada que ver no incremento destes movimentos invasores, pero tampouco que as dificultades económicas restrinxan estes desplazamentos que teñen tanto de turismo como de coidado físico e ata un anaquiño de fe.

A xente móvese físicamente en determinadas direccións, cada vez en maior número, cada vez con maior entusiasmo. Son invasións pacíficas, multitudinarias, cheas de fervor, que posiblemente se estean convertindo en contrapeso –alomenos aparentemente- de todo o materialismo e consumismo que nos invade.

O tempo, que sitúa case todo no seu lugar, nos dirá se este camiñar multitudinario e só unha moda ou o signo duns tempos cambiantes que tanto necesitan de referencias, esforzos, e claridade de ideas; destinos claros, en fin.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES