Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eleccións

lunes, 31 de mayo de 2010
Andan os políticos a nivel nacional teimando en se debe haber ou non eleccións para o Congreso dos Deputados, prevendo a posible alternancia de poder dado a erosión que está a sufrir nos últimos tempos o goberno do Partido Socialista.

E sen embargo os cidadáns de a pé entenden que o problema non se soluciona con eleccións senón coas decisións oportunas e a tempo por parte do goberno nacional.

A situación non está para botar foguetes e aínda para os partidarios do partido no goberno resulta difícil comulgar con rodas descomunais que van desde o rexeitamento da existencia de crise ata a toma de medidas máis recente, que as circunstancias obrigan, pero tamén obrigan a renunciar ós postulados máis básicos das súas crenzas políticas.

“Que Zapatero sexa malo non os convirte a vostedes en bós”, chegou a dicir o presidente socialista de Andalucía, nunha sorprendente afirmación que deixa apreciar un trasfondo de descontento nas filas que sosteñen un goberno que anda desnortado navegando por un mar proceloso no que parece ter averiado o timón.

Que os socialistas van pagar nas próximas eleccións os erros ou imprevisións, está moi claro para todos. Pero moito ten que esforzarse o PP, unindo forzas, provocando ilusións, anunciando medidas para que o ambiente que nos asfixia claree un pouco.

Que nestes tempos, o problema- o primeiro ou máis importante- é a inseguridade e falta de ilusión, o non saber que vai pasar mañá: se a Bolsa vai seguir derrubándose, se o Goberno vai apretar máis o cinto de todos nós, ou vai desandar camiños xa anunciados.

Non precisamos eleccións. Precisamos coñecer o camiño que imos recorrer, cara a onde nos diriximos, con que forzas contamos, e cantos sacrificios máis temos que facer. Non podemos estar máis tempo expostos a todos os ventos, temendo decisións imprevistas, soportanto imprevisións, e temendo a cada momento o peor. Sabemos que vivimos a crise máis profunda dos tempos que temos coñecido, pero temos dereito a que o Goberno nos diga o que sabe e o que non sabe, o que se pode agardar e o que non para polo menos saber a que aternos e o que nos espera.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES