Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para Jesús Pérez Regueiro (Quico)

viernes, 28 de mayo de 2010
Cando a nova lúa de maio recibe á primavera, a Asociación Cultural Ágora de Lugo, homenaxea a Jesús Pérez Regueiro polo seu labor ao fronte da Galería Sargadelos, local desde o que vén irradiando cultura sen pedir endexamais nada a cambio.
Ten ben merecido esta poesía que lle recitei o día quince de maio no Círculo das Artes de Lugo.

Jesús Pérez, REGUEIRO de cultura
entre a rúa do Progreso que se esgalla
esquinada na praza oblongada no SARGADELOS
que moven ensarilladas as rúas de San Domingos.

Cabeza nimbada polo claror xeneroso
entre as verbas quentes dun amigo que espera
coas portas abertas a chegada dos soños
escritos en libros,
presentando amenceres de numens calados.

Vendedor de ilusións.
Que amigo de artistas na casa das palabras!
Que recibimentos nobres no silencio dos búcaros,
na presenza das ideas!

Cabaleiro das trompetas que anuncian a chegada
na capela sixtina da cultura luguesa,
remexendo cerámica entre a louzanía da louza.
Cantas vaixelas de brancos entre azuis envorcallados
de bandeira galega.

Cantos anos de loita.
Canta flor de entrega.
JESÚS PÉREZ REGUEIRO
caravel que aleda
o falar maino dos CASTROS
da nosa cultura
da Terra Galega.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania