Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Funcionarios

viernes, 28 de mayo de 2010
O Goberno español, obrigado polas institucións internacionais e polas circunstancias, está a tomar medidas extremas para conseguir conter o déficit público e que as cifras macroeconómicas resulten homologables ás dos paises do mesmo círculo económico.

As drásticas medidas comprenden entre outras a subida do Ive do 16 ó 18%, a reducción de gastos nas institucións públicas, conxelación de pensións e reducción de soldos dos funcionarios.

Curiosamente, o colectivo de funcionarios -con excepcións ostensibles pero minoritarias- aceptou a medida con resignación administrativa, considerando quizais irremediable unha medida así para que ó Goberno lle sallan as cifras.

E sen embargo non parecen darse conta -nin Administración nin funcionarios- do dano irreparable que esta medida lles causa.

No colectivo de funcionarios hai médicos, policías, bombeiros, avogados, xestores, xuices, administrativos, asistentes sociais, conductores, directivos e un sin fin de profesionais que verán reducido o salario nunha porcentaxe que se supón proporcional ó seu nivel retributivo, cun promedio que se estima en arredor do cinco por cento que correspondería ós que reciben o nome de “mileuristas”, e están entre os mil e os dous mil euros de soldo mensual.

A porcentaxe de reducción é pouco significativa, pero sí é e moito a decisión tomada, que rebaixa ós mesmos funcionarios diante da opinión pública como se o seu labor non fose imprescindible, as cantidades que perciben superfluas, e o seu papel social doadamente degradable e manipulable.

Pode no seu momento recuperarse o nivel económico do funcionariado, pero é moi difícil reparar o dano causado a un colectivo do que depende o funcionamento da columna vertebral dun país, agredido de xeito irreversible por unha decisión discutible e precipitada.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES