Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Panteón de Galegos ilustres

jueves, 27 de mayo de 2010
Escolleuse a igrexa de San Domingos de Bonaval como Panteón de Galegos Ilustres pola paz que alí se respira, pola nobleza do edificio, pola maxestuosidade do recinto. E alí dormen o sono eterno os corpos dos que foron grandes en vida para Galicia, e agora forman parte do noso tesouro cultural, espiritual e humano.

Rosalía e Cabanillas, Alfredo Brañas e Fontán, Asorey e Castelao figuran entre os máis destacados persoeiros ós que Galicia elixiu para gardar a súa memoria no lugar máis sinalado, independentemente de quen sexa o propietario dese lugar xenuinamente galego.

A Xustiza considera que a igrexa do mosteiro de Bonaval é propiedade da Igrexa, ou o que é o mesmo, do Arcebispado de Santiago de Compostela, e hai rumores sobre a posibilidade de que se peche ó público este recinto santo, sendo difícil concebir que poida ser limitado o uso por parte dos galegos dun recinto que tanto significa para a dignidade, a historia e a tradición dun pobo coma o noso.

O uso que se lle da a este Panteón é difícilmente clasificable entre relixioso e civil, entre espiritual e profano. É moito máis que calquera destas clasificacións e unha síntese de todas elas, unha utilización espiritualmente elevada, relixiosamente histórica, respetuosa, por encima de calquera parcelación interesada.

O Panteón de Galegos Ilustres é de todos os galegos, de Galicia, con independencia do que digan as escrituras e os tribunais. A propiedade física do edificio é significativa á hora de responsabilizarse da vixiancia, do coidado e atencións, e ata do pago dos impostos que poidan corresponderlles percibir ás institucións locais, autonómicas ou nacionais.

O Panteón de Galegos Ilustres debe estar aberto a todos, porque é propiedade innegable de todos nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania