Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Despois do noso día

lunes, 24 de mayo de 2010
Unha semana xa desde o noso gran Día das Letras, e a vida segue. Co perigo de que teñamos que aplicarlle o dito dos nosos devanceiros de que “pasou o día e pasou a romaría”.

O certo é que o día serviu para difundir con toda xustiza a gran humanidade poética do cantor do Courel, Uxío Novoneyra,e para que a súa figura sexa máis coñecida e a súa poesía pase de man en man, de centro en centro, de boca en boca. E eso está ben, porque Novoneyra é un dos grandes, foino en vida e a súa figura medra cos anos na nosa memoria colectiva.

Pero en tanto que todos estamos de acordo en que hai galegos sobranceiros que usaron a lingua con mestría difícil de igualar, non o estamos tanto en que galego debemos utilizar, cando o utilizaremos, canto -en fin- aplicaremos este bendito idioma en todos os momentos da nosa vida, sendo especialmente problemático no mundo da educación, precisamente no lugar onde todos deberían aplicar máis templanza e conseguir consenso.

En tanto, o idioma baixa en consideración entre as xentes, diminúe a súa utilización, e os novos arrédanse do seu uso no lecer, na vida diaria.

De pouco parecen valer os esforzos efectuados por tantos e durante tanto tempo, de pouco a súa incorporación ó mundo da cultura, do ensino, da administración, sendo anecdóticos casos como o da mención ó seu necesario coñecemento por sectores como o de porteiros de discoteca, para que razoen nos dous idiomas no exercizo do seu cometido habitual.

Aproveitemos todos o tempo en loitar polo galego do mellor xeito posible, utilizándoo en todos os ámbitos e en todos os momentos. Que o noso uso do galego non se refira só a un día de festa ou a cumprir normativas que cambian coma o vento. Que o galego viva mil primaveras máis, pero tendo todos nós parte activa na consecución deste desexo-premonición.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES