Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De letras e de mulleres

miércoles, 19 de mayo de 2010
Cada 17 de maio celebramos dende o ano 63 o día de honra das nosas letras. Aínda que tan só sexa un día ó ano, damos pulo de todos aqueles que ó longo das nosas vida, collemos un lápiz para escribir un poema, un relato ou unhas letras na nosa lingua, o galego.

Foron tres homes da Real Academia Galega (RAG), Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, os causantes de que se instaurase esta data, a do 17 de maio, como Día das Letras Galegas. Os tres puxeron as miras nunha muller para situala como abandeirada deste día de homenaxe ás nosas letras: Rosalía de Castro.
 
Celébranse no ano 63 os cen anos da publicación do libro “Cantares Gallegos” da autora galega. Atendendo a esta idea, os membros numerarios someten pois a consideración da xunta xeral da RAG, a proposta de declarar o día 17 de maio, Día das Letras Galegas por ser a partir da publicación do libro da padronesa, cando @s galeg@s recuperamos parte do noso sermos galeg@s.

Nada máis ilustrativo para entender o valor da obra rosaliana que a proposta literal dos académicos:
(…) 1º.- Todos sabemos que o libro rosalián editado en 1863, ten sido a primeira obra maestra con que contóu a Literatura Galega Contemporánea. A súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria. Representa, pois, un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia.
2º.- A celebración do centenario diste acontecimento, convida a reconsiderar o siñificado do mensaxe transmitido nos "Cantares". Un mensaxe que, tanto como esprito e pobo, tanto como universalismo e galeguidade, foi, estéticamente, un mensaxe de palabra e poesía.
3º.- Velahí por qué, ademáis dos aitos conmemorativos que se orgaícen pra reaitualizar na conciencia das xentes o acento de tal mensaxe, a Academia -como órgano oficial da nosa cultura- debería consagrar, con caracter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
4º.- O millor xeito de o conseguir sería que acordase decrarar Día das Letras Galegas, o 17 de maio de cada ano, a partir do presente. Contaríase así, pra o porvir, cunha xornada oficialmente adicada a honrar ós nosos libros. O día 17 de maio de cada ano viría ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade inteleitual galega.
5º.- Ninguén desconoce que o libro ten unha forza simbólica estraordinaria. Sendo a amosa máis reveladora do nivel cultural dos pobos, non é de estranar o afán de esparexelo e de lle abrir camiños pra ensanchar o ámpido dos seus leitores. No caso de Galicia, ningunha data máis axeitada pra enaltecer e difundir o libro eiquí producido, que a que conmemora a pubricación da obra coa que se encetóu o prestixio contemporáneo das Letras galegas. (…)[1]

Tras ser aprobada a proposta, a figura literaria de Rosalía dará o pistoletazo de saída a unha celebración na que cada ano se honra a un/unha autor/autora. Resulta sen embargo paradóxico usar neste caso o feminino ó mesmo nivel que o masculino, xa que en corenta e seis anos de letras galegas, poucas son as mulleres ás que se ten homenaxeado, tan poucas que a proporción é ridícula ¡3 de 46!, con esta cifra pouco máis nos queda que argumentar...

Así que vaia dende as nosas páxinas o sentido recordo un ano máis á iniciadora destas homenaxes, ás nosas letras, Rosalía de Castro, e por suposto ás poucas que xa foron e ás moitas que anceiamos que sexan.


[1] http://www.realacademiagalega.org/letters/GoToHistory.do
Corral Soilán, Cristina
Corral Soilán, Cristina


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES